domingo, 12 de diciembre de 2010

Grupo Faro Das Cíes

Despois de varios meses pelexándome co MOODLE e non facerme con el decidín pasarme ao antigo GRUPO de GOOGLE.

Xa case todos estamos anotados no grupo e se algún ou algunha falta só tedes que solicitalo a través do correo electrónico orientavigo@gmail.com

Dicirvos que no GRUPO xa está colgado o resumo da charla que dió María Ricart sobre intervención en infantil.

Tamén Agus aportou un documento sobre a intervención na aula con alumnos con ASPERGER que tamén podedes ver no GRUPO

Comentar que saiu o concurso específico para os equipos específicos de orientación:
http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/ba65b8eaaeccb488c12577ed0056be23/$FILE/23300D010P017.PDF
O concurso é para o profesorado de secundaria agás nas prazas de Audición e linguaxe que as poden pedir os de primaria coa especialidade.

A vindeira xuntanza será no CEFORE (en función dos participantes) onde está invitado o Doctor Sastre para falarnos da Hiperactividade. Cada asociado poderá traer a 2 ou 3 profes do seu cole que estén interesados no tema. Tedes que CONFIRMAR ANTES DO 18 DE XANEIRO CANTOS IDES ASISTIR PARA BUSCAR O LOCAL AXEITADO.

Agradecer a María, Marian e demais compañeiros/as as aportacións realizadas na última xuntanza que tivemos

Deíxovos este video que sempre me emocionou moito


miércoles, 8 de diciembre de 2010

O cazo de Lorenzo

Libro recomendado pola Confederación Española de Organizacións en Favor das persoas con Discapacidade Intelectual. FEAPAS

Pica na imaxe

lunes, 6 de diciembre de 2010

Altas capacidades: Criterios de Clasificación

1.-Superdotado.
           *CI 130 ou superior.
           *PC 75 ou superior en Problemas numérico-verbais,  Matrices lóxicas, Cálculo Numérico, Relacións analóxicas, Memoria Visoauditiva
           *Creatividade.

2.-Talento
2.1. Simple. PC 95 ou superior nunha única aptitude.
                  2.1.1. Verbal.

                  2.1.2. Matemático.
                  2.1.3. Lóxico.

                  2.1.4. Social.
                  2.1.5. Creativo.
2.2.- Múltiple. PC 95 ou superior en varias aptitudes.
2.3. Complexo. PC 80 ou superior en varias aptitudes.
             2.3.1. Académico. PC 80 ou  superior en Problemas númerico-verbais, Relacións analóxicas, Memoria Visoauditiva 

             2.3.2.-Figurativo. PC 80 ou superior en Relacións analóxicas, Cálculo numérico.
             2.3.3. Figurativo-artístico. PC 80 ou superior en Relacións analóxicas, Cálculo numérico, Creatividade.
             2.3.4. Conglomerado. Combinación dun talento simple o complexo cun talento complexo.

3. Brillante. CI 116-129 sin presentar ningún talento.

viernes, 26 de noviembre de 2010

Comida de confraternidade

No día de hoxe uns cantos membros da Asociación fomos a comer un cocido. Como non podía ser doutra forma pasámolo de cine.

jueves, 18 de noviembre de 2010

RESUMO DOS ACORDOS DA II ASEMBLEA

1.-PROPOSTAS AO CFR  DE VIGO DE CURSOS PARA ORIENTADORES/AS NO VINDEIRO CURSO 2011-12
a) “Programa de abordaxe das necesidades educativas específicas”. Os EOE dannos pautas ós orientadores/as sobre as diferentes necesidades. Requisitos coma que o número de prazas sexan suficientes para tódolos orientadores/as de Infantil e Primaria de Vigo e Comarca. Estratexias de traballo para implementar entre o profesorado da escola, a orientación por programas.

b) “Organización de encontros sobre o funcionamento dos departamentos de orientación”
Na aula virtual crearemos un foro para contestar á pregunta ¿Que queremos saber? Para que logo o grupo formado por Carmen Vaz, Maite e Matilde elaboremos por escrito os obxectivos e contidos do programas que suxerimos ó CFR de Vigo.

2. I CURSO ORGANIZADO POLO “Faro das Cíes”.
DATAS: Entre os xoves de febreiro e marzo.

Membros da Asociación intentarán contactar cos seguintes expertos
  • Óscar Blanco, neuropediatra
  • Paula Outón, dislexia
  • Foniatra Flora
  • Hipólito
No tema de subvencións,  vaise falar coas editoriais para que nos sufraguen gastos. Tamén falaremos coa asociación de directores de Coruña para ver como conseguen tantos patrocinadores. Si sabedes de subvencións avisade.

3. USO DO BLOG DA ASOCIACIÓN. USO DO FORO OU AULA VIRTUAL.
A Aula Virtual xa está en funcionamento. Enviouse unha explicación por email para darse de alta. Esta aula virtual serve para estar en contacto entre nós, como foro, para subir arquivos, etc. Se alguén non recibiu o email que se poña en contacto para mandarlle a palabra clave.
Para o uso do Blog recordar que tedes que mandar o artigo ó correo electrónico da asociación orientavigo@gmail.com e quen se manexe cos "blogs" que xa o mande en "edición de HTML" .

4.-BECAS.
Algunha nai xa recibiu o ingreso da beca. Pódense pedir ó longo de todo o curso; aínda que só darían polo tempo restante do curso.

5.-NOTA FINAL
Como estamos en tempo de cocidos e para que o FARO DAS CÍES alumee con forza decidimos que no
Restaurante Laxeiro. Rúa Ecuador, 80. Vigo o VENRES 26 DE NOVEMBRO Ó MEDIODÍA nos xuntaremos para relaxarnos, charlar, rir e disfrutar ao redor dun bo prato de cocido.
Fai a túa reserva mandando un email a Paulino ou ao correo da Asociación

jueves, 4 de noviembre de 2010

I Asamblea Faro das Cíes. 21/10/2010

1. PRESENTACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO

2. HISTORIA DA ASOCIACIÓN. Vicky, Begoña, María, Xose Lois e outros compañeiros/as contáronnos as primeiras aventuras para axudarse na ORIENTACIÓN non colexios.

3. ¿PARA QUE NOS XUNTAMOS?
Todos coñecemos os beneficios do TRABALLO EN EQUIPO.
Coa idea de ter un pequeno fondo para a organización da asociación decidimos pagar unha CUOTA ANUAL DE 10 € no curso 2010-2011.
Pódeselle pagar a TESOREIRA: LOURDES VÁZQUEZ nas vindeiras asembleas ou podes ingresar na conta da asociación: CAIXANOVA: 2008 0104 93 0040020052.

4. PRESENTACIÓN DO BLOG (UBALDO). (http://www.orientavigo.blogspot.com/). A próxima asemblea será para manexar a parte pública e a parte privada do blog. Vai a ter dúas entradas novas de Recursos de P.T (Maite) e de A.L: (Machado).

5. REUNIRNOS EN TORNO A UN TEMA CENTRAL
Decidimos por os xoves como día para as asembleas; agás o vindeira asemblea porque a aula de informática está ocupada ese día. Fixemos o calendario do 1º Trimestre:

DATA: MÉRCORES 17 DE NOVEMBRO ÁS 17.00 H. NA AULA DE
INFORMÁTICA DO CHOUZO.
TEMA CENTRAL: USO DO BLOG DA ASOCIACIÓN. USO DO FORO OU AULA VIRTUAL.

III ASAMBLEA DO FARO DAS CÍES
DATA: XOVES 9 DE DECEMBRO ÁS 17.00 H. ..................
TEMA CENTRAL: INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA E INTERVENCIÓN EDUCATIVA EN INFANTIL.
De momento como primeiros relatores temos a : MARÍA (Villa Laura), CARMINA, MACHADO, MARIEN; por favor, si tedes experiencias anotádeos.

6. ORGANIZACIÓN DE CHARLAS, CURSOS OU XORNADAS CON EXPERTOS CON RECOÑECEMENTO DE HORAS DE FORMACIÓN:
6.1. A faremos no 2º e 3º trimestre.Ademais de nós poderán particpar demais profesorado e persoas sensibilizadas co tema.
6.2. Entre todos quedamos de buscar información sobre subvencións e de como se formaliza o recoñecemento das horas. Si tes información non dubides en enviarma.
6.3. Nomes e temas que saíron foron: FLOR (Foniatra); DR. SASTRE; ÓSCAR BLANCO; MONTOTO, PAULA OUTÓN (Dislexia); HIPÓLITO PUENTE, XOSÉ LOIS (Hiperactividade)....Si alguén ten contacto con estas persoas pode falarlle da nosa asociación e pedirlle o teléfono ou correo para falar de datas e condicións da charla.

7. MAIS TEMAS...
TEMOS QUE FACER UN COCIDO PARA FORTALECER A ASOCIACIÓN E FACER EQUIPO.
DÍA: XOVES 26 DE NOVEMBRO Ó MEDIODÍA

jueves, 7 de octubre de 2010

A viaxe de María

A viaxe de María é unha curtametraxe de animación realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo. A viaxe de María é unha pequena excursión ao mundo interior dunha adolescente con autismo, unha viaxe chea de cor, amor, creatividade e orixinalidade, que nace, no percorrido duns pais que ven como a súa filla se comporta dun xeito especial ata confirmar o diagnóstico: autismo.
Máis información en http://www.fundacionorange.es/


martes, 5 de octubre de 2010

Convocatoria de asamblea xeral

Estimado compañeiro/a.

Un grupo de orientadores/as dos colexios públicos de Infantil e Primaria da Comarca de Vigo creamos recentemente a ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR FARO DAS CÍES coa finalidade de compartir as nosas experiencias e mellorar a nosa formación.

A primeira Asemblea Xeral será o XOVES 28 DE OUTUBRO ás 18.00 horas no CFR. DE VIGO.

INVITÁMOSTE a formar parte da nosa asociación e agradeceríamos confirmases a túa asistencia no correo: orientavigo@gmail.com ou neste correo da xunta piglesias@edu.xunta.es Ponnos teu nome, teu correo electrónico e o colexio ou colexios cos seus teléfonos.

Podes consultar os estatutos da Asociación na parte ezquerda deste blog.
A Directiva está formada por:
Presidente...........................Paulino Iglesias (CEIP Pombal de Vigo)
Secretaria............................Eli Suárez (CEIP Chano Piñeiro de Gondomar)
Tesoreira.............................Lourdes Vázquez Noguerol (CEIP Carlos Casares de Nigrán)
Vocal..................................Fernando Machado (CEIP Santa Mariña de Vigo)
Vocal..................................Ubaldo Vázquez (CEIP Otero Pedrayo de Vigo)
Vocal..................................Carmen Rajoy (CEIP Souto Donas de Gondomar)
Vocal...................................Marien Marín (CEIP Laredo de Redondela)
Vocal...................................Maite Díaz (CEIP Alexandre Bóveda de Redondela)


Un saúdo
Paulino Iglesias
Orientador Escolar C.E.I.P. "O Pombal"

domingo, 19 de septiembre de 2010

CIRCULAR 10/2010 DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN

Como sabedes xa sabedes publicouse a Circular de Orientación para este curso, onde se dan as instruccións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de Orientación Educativa.

https://docs.google.com/fileview?id=0B7smUzpRc-bxMTM5MDJjYzgtZDBjZC00YzYwLWE5MzgtYzM1Zjc2OWFjOWIx&hl=es&authkey=CJrCk8oB

Creouse no foro unha entrada para comentar a Circular

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Formación

Este ano as diferentes actividades de formación para Orientadores na zona de Vigo son:
As actividades dos Servizos Centrais son:
Podedes ver todas as actividades de formación para Orientadores no enlace:
https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do

sábado, 4 de septiembre de 2010

Comenza o curso

Un novo curso comenza e parece ser que Paulino leva moi avanzado todolos trámites burocráticos sobre a nova Asociación.
Recordamos algúns aspectos legais sobre a Orientación:
Orde Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998

Artigo 9º.-Composición do Departamento de Orientación.

O departamento de orientación dos colexios de educación infantil e primaria e dos colexios de educación primaria terá a composición establecida no artigo 4 do Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo do establecido no segundo parágrafo do apartado tres do artigo 3º da presente orde.
a) O xefe do departamento de orientación, que será un funcionario ou funcionaria do corpo de mestres, preferentemente en posesión da titulación do título de doutor ou licenciado en psicopedagoxía, ou en psicoloxía, ou en filosofía e ciencias da educación (especialidades de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidades de pedagoxía ou psicoloxía)
b) O profesor ou profesora de pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe, que exercen a función de apoio á atención do alumnado con necesidades educativas especiais.
c) Os coordinadores de ciclo e, se é o caso, un mestre de educación infantil, designado pola dirección, por proposta da comisión de coordinación pedagóxica.
d) O mestre responsable ou o director dos colexios incompletos da zona de escolarización que se determinen.

Artigo 10º.-Funcións do Departamento de Orientación.

Son competencia do departamento de orientación dos colexios de educación infantil e primaria e de educación primaria as funcións seguintes:
a) Valora-las necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.
b) De acordo coas directrices establecidas no plan de orientación deseñado conforme o que se establece no artigo 13º da presente orde e da comisión de coordinación pedagóxica do centro, elabora-las propostas do plan de orientación académica e do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico para o desenvolvemento deste plan.
c) Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alum nado e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.
d) Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de sobredotación que presenten os alumnos e alumnas.
e) Participar na avaliación psicopedagóxica conforme a normativa ó respecto e participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.
f) Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida enfrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa ou a resolución de conflictos de relación interpersoal.
g) Impulsa-la participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos ou en calquera outro relacionado co seu ámbito de actuación.
h) Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención.
i) Co obxecto de potenciar estratexias de actuación conxuntas, promove-la cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos: estimulación da motivación e intereses; adquisición de hábitos de hixiene e de autonomía; desenvolvemento motriz e da linguaxe; relacións interpersoais e aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado.
l) Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións no ámbito das súas competencias.
m) Aqueloutras que a Administración educativa lle puidese encomendar no ámbito das súas funcións.

Artigo 11º.-Funcións da xefatura do departamento.

1. Sen prexuízo do establecido no Decreto 374/1996, do 17 de outubro, do regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, os xefes ou xefas dos departamentos de orientación dos ditos centros terán as seguintes funcións:
a) Dirixir e coordina-las actividades e actuacións propias do departamento de orientación.
b) Responsabilizarse da redacción do plan anual de actividades do departamento, velar polo seu cumprimento e elabora-la memoria final de curso.
c) Representa-lo departamento na comisión de coordinación pedagóxica.
d) Convocar e presidi-las reunións ordinarias do departamento e as que con carácter extraordinario fose preciso celebrar, levantando a acta correspondente.
e) Asistir ás reunións convocadas polo xefe ou xefa do departamento de orientación do instituto de educación secundaria ó que está adscrito.
f) Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso.
g) Coordina-la organización de espacios e instalacións para a orientación, así como a adquisición de material e de equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación.
h) Realiza-las avaliacións psicopedagóxicas, no caso de estar en posesión das titulacións que se indican no artigo 4 a) do Decreto 120/1998, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade conforme o procedemento e os criterios establecidos no proxecto curricular do centro e responsabilizarse da elaboración do informe psicopedagóxico.
i) Coordinar, en colaboración cos profesores ou profesoras de apoio, a atención do alumnado con necesidades educativas especiais, elevando ó xefe de estudios, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado.
l) Participar nas sesións de avaliación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de actuacións conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas.
m) Aqueloutras funcións que a Administración educativa lle poida asignar referidas á orientación.
2. A participación do xefe do departamento de orientación nas sesións de avaliación responderá ás súas competencias de asesoramento e apoio ó profesorado e asistirá a elas con voz e sen voto.

viernes, 18 de junio de 2010

Calendario escolar 2010-2011

Pósese consultar o calendario escolar do curso 2010-2011 no DOGA do 15 de xuño de 2010. CALENDARIO ESCOLAR

* No 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, as actividades lectivas realizaranse do día 10 de setembro de 2010 ao 22 de xuño de 2011, ambos os dous inclusive.

* Períodos de vacacións.
1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2010 ata o día 7 de xaneiro de 2011, ambos os dous inclusive.
2. Semana Santa: desde o día 18 de abril ata o 25 de abril de 2011, ambos os dous inclusive.
3. Entroido: días 7, 8 e 9 de marzo de 2011.

lunes, 7 de junio de 2010

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Pódese consultar a Orden EDU/1461/2010, de 20 de mayo, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2010-2011 no seguinte enlace:

http://www.boe.es/boe/dias/2010/06/05/pdfs/BOE-A-2010-9019.pdf

E podedes ver un pequeno resumo no seguinte enlace:

http://oteropedrayo.blogspot.com/

sábado, 5 de junio de 2010

Cea

Hoxe venres o equipo de "faro das cies" decidimos ir a cear para dar por rematado un ano onde moitas cousas pasaron:

  1. Creamos un grupo humano moi importante
  2. Creamos unha asociación
  3. Traballamos arreo
  4. Discutimos
  5. Sufrimos
  6. Apoiámonos mutuamente
  7. Reunímonos moitas veces
  8. Rimos
  9. Divertímonos
  10. Ceamos
A min xa non se me ocorren máis cousas, pero algunhas máis seguro que fixemos
Déixovos unha serie de fotos (de mala calidade porque as fixo Viki) para que vos quede un recordo desta primeira cea da Asociación "Faro dás Cies"

jueves, 3 de junio de 2010

Algo pequeniño

Quédavos este documento histórico da que ía ser a canción que ía representar a España en Eurovisión, pero presións políticas fixeron que nos representase a canción que tan malo papel fixo no Festival.
Os críticos están seguros que coa auténtica "algo pequeniño" teriamos gañado.


Detección da perda auditiva e test de agudeza visual en E. Infantil

O arquivo contén estratexias para confirmar ou descartar a posible perda auditiva en Educación Infantil e un cuestionario de observación.
Tamén contén un test para medir a agudeza visual.
https://docs.google.com/fileview?id=0B7smUzpRc-bxYTc5MTkyZDUtNzk0YS00OGE2LWEyZjUtMWI3Zjg2MWUzZGEx&hl=es

Este arquivo foi enviado polo noso compañeiro Oscar

martes, 25 de mayo de 2010

I Xornada de Formación dos Xefes e das Xefas dos Departamentos de Orientación

A Consellería convocou a todos os orientadores e orientadoras de Galicia a unhas xornadas e Santiago.

A xornada foi moi dura, pola mañá dende as 9,30 horas ata as 14 e pola tarde dende as 16 horas ata as 20, pero a pesar da enchenta cremos que foron unhas xornadas moi positivas.

Despois da inauguración das xornadas polo Director Xeral de Educación, Pilar Carballo, pedagoga do CRE da Once de Pontevedra, falounos do "diagnóstico e a atención do alumnado con discapacidade visual" 
Unha vez retomado forzas cun cafeciño voltamos ao traballo e Manuel Ojea, doutor en psicopedagoxía, púxonos ao tanto sobre como identificar e tratar educativamente ao alumnado con síndrome de Asperger 

Cominos e descansamos no Monte do Gozo e rapidamente voltamos ao traballo onde aprendimos moitas cousas sobre a discapacidade auditiva.
Serafín Gala, especialista en discapacidades sensoriais do EOE da Coruña,  falounos da detección precoz e do diagnóstico do alumnado con discapacidade auditiva, mentras que Fátima María García, directora do CEE manuel López(antigo CEE de Xordos), púxonos ao día sobre os recursos e as tecnoloxías para traballar con estes nenos e nenas.

Por último, Manuel Rey, asesor de orientación da Consellería de Educación, informounos de que a partir do día 10 de xuño teremos que cubrir unha aplicación informática para a recollida de datos relacionados co noso traballo, asunto que suscitou unha grande polémica entre os asistentes xa que moitos expresaron que é unha nova carga burocrática e que non se recolle moitos dos aspectos que traballamos no noso traballo diario.

Clausurou a xornada o Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa José Graña

viernes, 7 de mayo de 2010

7º encontro: 06-05-2010

Onte, día 6 de maio do 2010 tivemos o 7º encontro no colexio "Otero Pedrayo" . Neste encontro:

  1. Constituímonos como Asociación, aprobamos os Estatutos e eliximos Xunta Directiva .

  2. Acordamos o funcionamento do "Blog" e quedamos de estudiar o uso de "listas de correo"

  3. Falamos da normativa sobre gardas e recreos dos orientadores e da sentencia sobre este aspecto

  4. Falamos do “I encontro de Xefes de Departamentos de Orientación” a celebrar o día 24 en Santiago

  5. Quedamos de facer unha cea (non todo é traballar) o día 4 de xuño na Gavela en Bouzas