viernes, 20 de marzo de 2020

TEL e outros Trastornos da Linguaxe: Indicadores e Orientacións prácticas para a aula


O xoves 20 de febreiro dentro da programación anual da nosa asociación de orientadores e orientadoras da comarca de Vigo tivemos unha charla no CEIP Pintor Laxeiro en VIGO, sobre os Trastornos da Linguaxe en particular sobre o TEL impartida por María  Rodríguez. Logopeda.
María explico que o Trastorno EspecífIco da Linguaxe está encadrado dentro dos trastornos do neurodesarrollo.  É os síntomas principais son as dificultades persistentes para adquirir e usar a linguaxe, debido a deficiencias na comprensión ou expresión, que inclúe: vocabulario reducido, estrutura gramatical limitada, deterioro do discurso,o ínicio dos síntomas prodúcese nas primeiras fase do desenvolvemento,  capacidades da linguaxe menores das esperadas para a súa idade e limitacións funcionais na comunicación eficaz, na participación social,nos logros académicos.
Sinalou  os criterios de exclusión para este Trastorno específico da Linguaxe Como: 
Discapacidade Intelectual
Lesión ou dano neurolóxico
TEA
Xordeira
así como a Cormobilidade que presenta con  outros trastornos como: 
Trastorno de Déficit de atención con/ou Hiperactividade
Dislexia
Trastorno do procesamento auditivo.

María deixounos unha presentación de todo o exposto na charla.

Índice da presentación:
1- Definición TEL
2- Síntomas Principais
3- Signos Temperás de alerta
4- Características da linguaxe nos nenos, nenas con TEL entre 3-5 anos
5- Diagnóstico diferencial : 
    TEL vs TEA ; 
    Trastorno pragmático da Linguaxe e da comunicación (TPL) vs TEA; 
    TPL vs Asperger
6- Repercusións académicas
7- Repercusións Sociais
8- Pautas para a aula
9- Recursos



enlace para a súa descarga



Moitas Grazas María pola exposición que fixeches do tema e compartir connosco esta presentación.

domingo, 19 de mayo de 2019

REFLEXOS PRIMITIVOS


María González Optometrista e Audíologa veunos dar unha charla sobre os Reflexos Primitivos o xoves 2 de marzo ao CEIP Pintor Laxeiro,  deixounos unha presentación de 24 diapositivas que aquí compartimos convosco.

Os Reflexos Primitivos son movementos automáticos, innatos e  estereotipados controlados polo  troncoencéfalo.  Existentes xa no feto e están encargados de dirixir a actividade motora no recentemente nado, permitíndolle a súa supervivencia.




Aquí tedes o enlace para a descarga da presentación


Este é o resumo da súa intervención:





Moitas Grazas  María González por vir e compartir connosco a túa experiencia!!







domingo, 10 de marzo de 2019

ABA : Análise Condutual Aplicado para alumnado con TEA


O xoves 27 ante un centenar de orientadores, orientadoras e mestres, mestras, no CEIP Pintor Laxeiro (Vigo), Gabriela  Dagmar superou con nota a súa dor de gargante e de xeito totalmente desinteresado falounos sobre o  ABA (Análise  Conductual Aplicado).
Gabriela Dagmar é directora do centro Certigo, Doutora en Psicoloxía evolutiva e da Educación pola USC. Formación en "Autism Diagnostic Observation Shedule-Generic".

Este é un resumo da súa charla:
1. O programa ABA: Análise Condutual Aplicado
2. Metodoloxía do programa
2.1 The Discrete Trial versus Aprendizaxe Incidental
2.2 Presentación e retirada de apoios
2.3 Procura de reforzadores efectivos
2.4 Realización sistemática de rexistros
3. Habilidades de Conversación: Intraverbais
4. Tolerancia á Frustración

1. Que é o  ABA
Un programa que se usa con nenos con trastorno do espectro autista. (TEACCH é unha metodoloxía).
Hai investigacións que demostraron que este programa tiña grandes beneficios.
Os pasos para levar a cabo o  ABA son:
1º.- Avaliar ao neno: Antes de empezar co programa hai que avaliar ao neno para saber o seu nivel de desenvolvemento en todas as áreas.
2º.- Deseñar un programa de intervención individualizado.
3º.- Establecer unha ratio de horas. O beneficio dáse desde 20 a 40 horas semanais. Fóra de España pódese aplicar en garderías e colexios con persoal especializado.
4º.- Formación específica dos terapeutas e a contorna próxima (pais/nais). Dánselles as pautas concretas de como levalo a cabo.


2. Metodoloxía do programa 
2.1 The Discrete Trial (Ensaio discreto)versus Aprendizaxe incidental: é un ensaio operante distinto  á un aprendizaxe incidental que prodúcese cando aproveitamos a situacións cotiás para a aprendizaxe. Esta aprendizaxe incidental carece de estrutua formal.

No ensaio discreto: 

  • Preséntolle ao neno, nena un estímulo discriminativo (o que eu quero ensinarlle)
  • Espero unha resposta por parte do neno, nena. Se non responde, modelamos a súa resposta para que cumpra o noso obxectivo.
  • Consecuencia dámoslle reforzador que o neno, nena recibe aos poucos segundos da acción para que quede clara a consecuencia da súa conduta.
2.2 Presentación e Retirada de Apoios: Establécese un plan de cando vou a  modelar ao neno.

2.3 Realización  Sistemática de Rexistros: É importante como terapeutas o rexistrar o que facemos, cunhas táboas para visualizar e valorar cantas veces a respostas do alumno, alumna son as esperada.

2.4 Procura de reforzadores Efectivos: Mediante a observación establécese unha lista de reforzadores.
Reforzos Positivos: son unha serie de obxectos tanxibles, eloxios verbais ou físicos que ocorren como consecuencia dunha resposta e que motivan ao neno para repetir o comportamento ou acción. Eu convídolle a realizar unha acción, o neno,nena emite unha resposta e doulle o reforzador.
Tipos de Reforzadores

Consumibles ( gusanitos, flocos de millo,…)
Sociais (moi ben, abrazo,…)
De actividades (pompas de xabón,…)
Tanxibles (xoguete)

O  reforzador ten que ser eficaz, é dicir, temos que privarlle destes estímulos noutros ambientes ex. si emprega a vídeo consola na casa para tranquilizalo antes da ducha, non podemos empregala noutra situación. Individualizar o reforzo que se ofrece de acordo ao neno, nena (segundo as súas preferencias e nivel de desenvolvemento).
Os  reforzadores como o eloxio e os privilexios son máis axeitados nos nenos, nenas  de alto funcionamento, mentres que os  reforzadores consumibles son máis eficaces cos  nenos e nenas de baixo funcionamento.  

É importante dalos  reforzadores de forma inmediata, para reforzar xusto a conduta que acaba de realizar e non outra posterior.

O PRINCIPIO DE  PREMACK: Unha actividade preferida servirá como  reforzador dunha menos predilecta. Cando o neno avanza cos quebracabezas acábanlle gustando e convértense en  reforzadores.
O reforzador hai que deixarllo moi pouco tempo, porque se non o reforzador convértese en actividade.

Sistemas de Recompensas: 
  Actividade importante para o neno, nena: Aplaudir, reforzo positivo “moi ben”, cóxegas, xogos interactivos “ cucu- trastras”
  Actividade importante para o profesor: Un xoguete preferido, un obxecto de interese pero que non utilice de forma  estereotipada, unha pequena cantidade dun alimento preferido.
  Actividade importante para a familia: Abrazos,  bicos, afecto.
O programa dinos que instrucción exacta imos dar. Non podemos cambiar para non confundir ao neno, nena (se lle digo é “ben sentada” sempre hai que dicirllo desa maneira e non “ tes que sentarte ben”, por exemplo).

Obxectivos a desenvolver:
1.- Control Postural: É importante empezar por aquí xa que non se pode empezar a traballar se o neno non está ben sentado. Dáselle a instrución “Ben sentada” e cando é capaz de permanecer quieta coas mans sobre a mesa durante uns segundos dáselle o  reforzador ex: Cantaxogo.
2.- Contacto Ocular: Despois hai que traballarlle a mirada. ex: Mírame- cando ve, vánselle dando pezas dun quebracabezas.
3.- Igualación  Auditiva de Palabras: Traballo da capacidade de asociar sons a palabras iguais, non se debe frustrar ao neno se se pon moi nervioso déixase para outro momento.
4.- Seguemento Visual: desenvolver a capacidade de controlar correctamente os movementos dos ollos para seguir un  ítem. exemplo colócase un  gusanito escondido debaixo dun vaso entre outros doús e fanse varios movementos. o neno, nena ten averiguar en que vaso está agochado.
5.- Discriminación de obxectos 3D: desenvolver a capacidade de asociar obxectos  tridimensionales iguais. Exemplo: Preséntanselle tres tarxetas con tres fotos cubo,  boli, coitelo e colócanse na mesa á vez que se di o seu nome. Logo vanse sacando 3 tarxetas iguais que o neno debe colocar encima á vez que se lle di “Sinala  boli”… por último móstraselle o obxecto e se lle di “coloca coitelo” e debe colocalos encima das tarxetas.
Tamén se pode facer co esquema corporal: sinala boca, sinala nariz,…
6.-Imitación: desenvolver a acción de reproducir de forma exacta ou moi semellante determinada os movemenos que fai a mestra 1º con obxectos por exemplo o movemento dun coche na alfombra. 2º con movementos mootrices amplos cos pes, pernas. 3º movementos motrices finos mans, dedos. 4º imitar as persoas.



3. Habilidades de Conversa (Intraverbais): 
Estes obxectivos favorecen a saída do mutismo e fobia social
Etapa 1: “Habilidades de conversación”
Como che chamas? Onde vives? Cantos anos tes?
Etapa 2: “Respostas a preguntas subxectivas”
A resposta depende do que a cada individuo lle guste, varía en función do suxeito.
Que é o que máis che gusta comer? Cal é a cor que che gusta?
Etapa 3: “Respostas a preguntas pechadas tipo si/non”
Tes irmáns? Tes animais en casa? Gústache o fútbol? Es neno ou nena?
Etapa 4: “Preguntas cuxas respostas poden variar” 
Aquí o neno ten que pensar e desenvolver a súa espontaneidade
Onde está a túa profesora? Que tempo fai? Que comiches pola mañá? Que feixes agora?
Etapa 5: “Respostas a preguntas con opcións múltiples” con este tipo de preguntas póñense nerviosos polas dificultades para elixir. Se non traballou todas as etapas previas pode desencadear un problema de conduta
Queres xeado de amorodo ou de chocolate?
Etapa 6: “O alumno, alumna contesta a través dunha pregunta”
-Que tal estás? - Ben e ti?
Etapa 7: “Aproximacións  recíprocas”
-Teño unha camiseta azul. -E eu teño unha camiseta vermella
Etapa 8: “Afirmación –pregunta” Tense que interesar pola miña afirmación. Facilita o esenvolvemento social. O neno, nena segundo o que eu lle digo fará unha pregunta espontánea 
-Fun ao cinema -Que viches?
-Teño un can. -Como se chama?
-Divertiume a fin de semana -Que fixeches?
Etapa 9: “Afirmación seguida de afirmación negativa”
Ensínaselle que non ten que dicir si a todo
-Gústanme as lambetadas. - A min non me gustan, gústame máis o chocolate. 
Etapa 10: Afirmación-Afirmación- Pregunta
-Gústache o xeado? -A min gústame o chocolate e o xeado. A ti gústache o chocolate? -Non me gusta lavar os pratos. - A min non me gusta sacar o lixo. A ti gústache?


Para  Mellorar a  Tolerancia á Frustración
Desenvólvese por etapas:
1º  Identificar as situacións estresantes 
1.1 Teño que identificar as situacións  estresantes para o neno, nena.
1.2  Organizar da máis baixa á máis alta intensidade (pouco  estresantes, moderadamente  estresantes, extremadamente  estresantes)
2º Expoñer ao neno ante diversas situacións
2.1 situar ao neno, nena á situacións menos  estresante soamente cando o neno está relaxado.
2.2 Reforzalo de forma intermitente por comportamento acougado
2.3 Xeneralizar a mesma experiencia en situacións naturais.
2.4 Despois de 5 sesións estables pásase a outra conduta.
3º Uso de técnicas de Relaxación
3.1 Ensinarlle ao neno técnicas de relaxación.
3.2 Recompénsaselle polo uso en situacións de baixa tensión.
3.3 Redúcese a recompensa (para finalizar o programa).
Todas as sesións están altamente estruturadas e nelas o terapeuta ten un cartafol cos obxectivos, alternando períodos de traballo con períodos de descanso. Son intervencións con moita intensidade para que sexan efectivas.


Moitas grazas Gabriela pola túa intervención!  





sábado, 2 de febrero de 2019

Proxecto PITEAS : Modelo de enriquecemento para a escola



Dentro das charlas que se organizan dende a asociación Faro das Cíes, está tarde no CEIP Mestres Goldar (Vigo), tivemos a sorte de contar con Betina Represas Vázquez que traballa como orientadora no Centro de Educación Especial de Panxón para alumnado con trastorno grave de conduta, veu presentar o Proxecto PITEAS.

O Proxecto PITEAS é un programa de innovación educativa que está pensado e creado pola Unidade de altas capacidades da  USC (Universidade de Santiago de Compostela), con Carmen Pomar, por outro lado, a Fundación Barrié promove e financia o proxecto e por último, a Consellería colabora coa implantación nos colexios e proporciona a formación ao profesorado.

O Proxecto PITEAS é avaliado en setembro e en xuño pola USC para comprobar si melloran as competencias dos alumos, alumnas dos centros que participan no proxecto.

Betina explicou en que consiste PITEAS a través dunha serie de palabras crave:



CLUSTER: É unha forma de traballo, na que o alumno traballa baseándose exclusivamente no seu interese. Cada venres, nas dúas últimas sesións hai un cluster de costura, fotografía, mecánica, arquitectura,…
Cada cluster ten unha duración de 8 semanas e son impartidos por profes interesados nesa materia (aínda que cando se publicita o cluster, non se dí que profesor o vai dar). De todos os cluster vai a saír un produto final.
O alumno/a aventaxado/a poder facer de mestre e tamén se pode invitar a algún experto nesa materia (unha diseñadora, un chef,…) O profesor que leva o taller, aprende cos alumnos, o proceso de investigación vaise facendo con eles. Neles os nenos non están separados por idade, senón por intereses.
A  nivel legal, esas 8 sesións xustifícanse como actividades complementarias.

No resto das horas da semana se traballa por proxectos. O aprendizaxe cooperativo é unha das metodoloxías estrela deste proxecto.

Renzulli foi o creador do “Modelo dos 3 aneis”. Según Rezulli un superdotado destaca pola capacidade intelectual, creatividade, implicación na tarefa.

O modelo SEM foi ideado por Joseph S. Renzulli e a súa muller, Sally M. Reis. SEM son as siglas en inglés de modelo de enriquecemento escolar (Schoolwide Enrichment Model).

Ao principio traballábase con alumnos con altas capacidades, pero déronse conta de que ese modelo era enriquecedor para todos os alumnos, alumnas.
O modelo de enriquecemento consistía en investigar e profundar na aprendizaxe. 

Entre os recursos metodolóxicos utilizados están:
  • Aprendizaxe cooperativa metodología activa que ten como finalidade a aprendizaxe en grupo, a inclusión de todo o alumnado e a  súa autonomía persoal.
  • Aprendizaxe baseada no pensamento: o aula é un lugar privilexiado para fomentar e profundizar o pensamento; aprender a pensar, visual thinking, mapas de pensamento, ...Todas as correntes están de acordo en que os nenos non aprenden a pensar solos. O neno vai á escola para aprender a pensar.  As novas liñas de aprendizaxe baseado no pensamento falan de “Infusión”, refírese a que todas as rutinas e destrezas do pensamento teñen que estar dentro do currículum (.historia, lingua galega, matemáticas,…). Pódense utilizar desde infantil, e serven para todos os cursos. Un exemplo de rutina de pensamento sería “vexo-penso-pregúntome”       
  • Aprendizaxe por proxectos unha metodoloxía de aprendizaxe na que os estudantes adquiren un rol activo e favorécese a motivación académica. O método consiste na realización dun proxecto case sempre en grupo. 

SEM é un modelo de enriquecemento, non unha metodoloxía, é dicir, unha filosofía que abarca un xeito de pensar a educación é de traballar, dentro do modelo SEM pódense utilizar diferentes metodoloxías. Neste modelo o protagonismo é do alumno, alumna.
Ten momentos de traballo en equipos homoxéneos e heteroxéneos.

Desenvólvese con tres tipos de actividades que teñen diferentes obxectivos:
Actividades Tipo I: Son actividades nas que teñen como obxectivo é a motivación, xa que con ela se consegue unha aprendizaxe de alto nivel. Son actividades de preparación para a aprendizaxe, non requiren ensinar nada. A través deste tipo de actividades, preténdese conseguir a motivación intrínseca dos alumnos.

É importante facer un PTT (Portafolio Total do Talento), é un expediente en positivo. Este é un punto moi importante, moitas veces nos nosos informes esquecémonos de por as  fortalezas que teñen os nosos alumnos, alumnas, é competente na expresión oral, é bo no razoamento lóxico, ten unha boa capacidade de organización, gústanlle so temas de natureza, interesase polos temas de experiencias, ten desenvolvido o hábito de traballo, ten mois boas habilidades sociais, é empático,  ....
Soamente amosamos as súas dificultades e puntos febles. Resulta moito máis útil reflectir o que lle gusta, o que lle interesa e o que se lle da ben, para poder potencialo ao máximo e motivalo de cara á aprendizaxe. As veces os seus talentos non son cousas valoradas na escola.
Actividades Tipo II: Trabállase a comunicación oral e escrita, o razoamento matemático, o método científico, o pensamento crítico, a creatividade e a intelixencia emocional. O traballo desenvolvese sobre todo en grupos heteroxéneos.

Actividades Tipo III: É o produto final, debe poder compartirse con una audiencia real (por exemplo se o produto final é un restaurante a audiencia serían os comensais que viñeran e pagaran por algo que nós facemos).
A avaliación faíse a través de: exames, rexistro da observación diaria, portafolio, lista de control, rúbrica,…

Capital profesional: Michael Fullan pedagogo canadiense, experto en liderazgo educativo, di que todo docente ten que profesionalizarse. Este capital profesional abarca tres tipos de capital:
Humano: talento
Social: creando máis coñecementos entre as persoas.
Decisorio: un profesor é bo cando é capaz de tomar decisións por sí mesmo

A clave é un liderazgo pedagóxico que require un traballo en equipo do profesorado.


Ata aquí a exposición de Betina, que nos entusiamou coas súas palabras. 
Moitas grazas pola túa intervención tan amena, empática e motivante.



domingo, 14 de enero de 2018

Estratexias de traballo con alumnado TEA

BATA (autismo Bata) impartiunos una interesante charla sobre as estratexias de traballos cos alumnos TEA de alto funcionamento.

As altas expectativas que xerou o anuncio desta charla non nos defraudaron e a sala estivo chea e ninguén quedou indiferente.

Deixamos o resumo da charla que o podedes ver picando na imaxe

https://drive.google.com/open?id=1rlgrPzJAQv6GluooV8m0xrDGTRmVb9lv
https://drive.google.com/open?id=1rlgrPzJAQv6GluooV8m0xrDGTRmVb9lv




sábado, 6 de mayo de 2017

Avaliacións Externas en Primaria


Estamos  no último trimestre escolar e chegan as avaliacións externas que irrumpen nos centros como elemntos alleos que non teñen relación co noso traballo diario, totalmente descontextualizadas. 
Este artigo fai unha reflexión sobre este tipo de avaliacións e sobre e outras maneiras de avaliar na etapa primaria. 



 No artigo 21 da lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola lei orgánica  8/2013, do 9 de decembro, establécese a realización dunha avaliación de carácter diagnóstico, en terceiro curso de Educación Primaria en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

En relación á avaliación en sexto de primaria, as competencias avaliadas son: competencia en comunicación lingüística, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

As probas de 3º de primaria presentábanse como un instrumento para detectar de maneira precoz as dificultades na aprendizaxe. É moi cuestionable que a través dunha proba que se lle fai aos alumnos, nun momento determinado baixo unhas condicións e circunstancias pouco contextualizados coas situacións de aprendizaxe dese centro, podamos detectar dificultades de aprendizaxe sen ter unha observación máis completa das súas actividades na aula, traballos que realiza, entrevista coa titora, mestres que día a día se relacionan co alumno.

Por outra banda, tamén podemos pensar que se xa hai nenos con dificultades de aprendizaxe nesa aula, garánteselles moi poucas condicións para que poidan demostrar a súa aprendizaxe con este tipo de probas estandarizadas onde predomina a lectoescritura como principal elemento dentro do proceso evaluador. Ten que haber distintos modelos e formas de avaliación para que sexa eficiente.

As probas externas non están dentro do contexto socieducativo onde se aplican. O só feito de realizalas provoca tensión e ansiedade, non só nos alumnos que teñen que levalas a cabo senón tamén nos profesores do centro. Os directores ven detrás a sombra da estigmatización do centro segundo os resultados da proba, do alumnado, dos profesores.


                                        
                                                             foto visualhunt


Os alumnos de primaria están nunha etapa de desenvolvemento de hábitos, autonomía persoal. Iso quere dicir que están a coñecer os seus intereses, coñecendo as súas posibilidades e as súas capacidades para desenvolverse na vida. As situacións de aprendizaxe que respectan ritmos de desenvolvemento, tempos madurativos son as que se seguen en Educación Infantil pero tamén en Educación Primaria.

Os ritmos de aprendizaxe son moi dispares a estas idades. Nenos, nenas que tardan en ler e escribir, alumnos aos que lles custa máis xeneralizar e aplicar os novos coñecementos. 
A diversidade está presente nas nosas aulas, tentar medir baixo un criterio homoxeneizador pode ser interesante estadísticamente, pero non creo que sirva para favorecer dinámicas concretas, para a mellora da ensino - aprendizaxe deses alumnos no seu centro, ou que sexa necesario para promocionar ao Instituto.


É necesario nestas idades de desenvolvemento físico, persoal, social, emocional, na que están a aprender a contactar co mundo, a xestionar emocións, a planificar tarefas, a relacionarse, a ter criterios propios aplicar estas probas externas?

Precisamente ao estar en desenvolvemento, os profesores que están na aula a diario intercambiando dinámicas e observando procesos, serán os que coñecerán mellor a evolución dese alumno e poderán sinalar mellor cales son os puntos fortes nos que teñen que apoiarse os seguintes acompañantes, guías, moderadores da súa aprendizaxe, e cales son os seus puntos débiles que haberá que reforzar e que aspectos metodolóxicos, de material e espazo teremos que adaptar para favorecer o seu desenvolvemento persoal.


Son estas probas tan necesarias para diagnóstico de dificultades ou son meramente estatísticas?
A escola participativa, social, compensadora das desigualdades, escola non competitiva, unha escola non segregadora, inclusiva, ... non avoga por probas que crean desigualdades, estudantes de primeira e de segunda fila.

Que imaxe estamos a darlle aos novos integrantes da sociedade con respecto a como se valora o que eles coñecen, aprenden, integran na escola? E que se valora? Onde queda a arte, música, filosofía ... ?

Isto está acorde coas teorías, expostas polos expertos en educación, que falan das intelixencias múltiples que cada persoa pode ter máis ou menos desenvolvida. 
Mediante unha proba estandarizada para todos e todas nuns tempos concretos onde predomina a lectoescritura como medio de valoración do que un sabe?



Tensión, preocupación, ansiedade.

Os pais e nais tamén vivencian esa tensión no período destas probas o que supón máis carga emocional, de inseguridade e responsabilidade para os seus fillos. Por iso, un gran número deles están en contra desta proba "presión" tanto en terceiro de primaria como en sexto de primaria. Así tamén o sinala A Confederación Estatal de Asociacións de Pais de Alumnos (CEAPA).

É necesario que os alumnos de primaria teñan que pasar por estas situacións de incerteza?

O director do Observatorio internacional da profesión docente, Francisco Imbernón, considera que "deberíase confiar máis no profesorado e nos centros que xa realizan avaliacións", posto que estima que "son os que mellor coñecen o que pasa".


O cambio de centro en si xa produce nos alumnos e alumnas inquietude. Por iso prepáranse programas para o achegamento progresivo ao novo centro que é o Instituto. Na maioría dos centros temos un programa de transición de educación Primaria a Educación Secundaria para facer actividades conxuntas co alumnado de ambos os centros.

Tamén temos reunións, se é certo que poderían facerse con máis frecuencia, de profesores de primaria e profesores de 1º da ESO onde se ve por parte de todos que é o básico, que necesita un alumno para manexarse, seguir a andaina da súa aprendizaxe e tamén se fala do prescindible, do que non é necesario que todos e todas traian aprendido, posto que os alumnos son diferentes entre si, e tamén se fala de como atendemos a diversidade.
    


Para que necesitamos máis datos cando temos unha relación directa entre Profesores, Orientadores, Xefes de estudo, Directores? 
É necesario unha revalorización da figura docente. Con este tipo de probas ponse en xuízo a importancia da avaliación do docente.  

Necesitamos instrumentos de selección para a mellora educativa ? Necesitamos máis instrumentos de diagnóstico ou potenciar, favorecer, apoiar os que xa existen?

A escola ten que desenvolver uns mecanismos de autoevaluación, de regulación do seu proceso de ensino-aprendizaxe dunha maneira colaborativa entre todos os integrantes do centro educativo.

As reunións de avaliación deberían ser máis construtivas, non só para informar da chegada ou non chegada á media estandarizada para pasar ao seguinte trimestre.

A avaliación continuada segue presente nas nosas escolas, pero como unha idea que queda paralizada na época de ver os resultados inmediatos.

A avaliación ten que ver logros ao longo do  proceso educativo e ter en conta de maneira constante a reconducción, modificación e axuste para que a aprendizaxe prodúzase.


Necesitamos unha avaliación con carácter formativo. Non esquezamos que estamos a falar de probas a realizar durante a escolaridad obrigatoria.





publicado en Colectivo Orienta

Celia Molares 



domingo, 2 de abril de 2017

TEL: Cómo detectar y estimular en las aulas alumnos con trastorno específico del lenguaje

O pasado xoves 16 de marzo, tivemos a sorte de contar coa experta en trastornos da linguaxe Paula Coto Gómez que nos falou sobre o Trastorno Específico da Linguaxe dende a súa visión tanto como psicóloga con formación específica sobre o tema, como dende unha visión como nai dun neno con este “trastorno invisible” que afecta a unha poboación de nenos de entre o 5 y 7%.





Paula, ademáis de facernos unha breve exposición sobre os conceptos teóricos sobre o tema, falounos sobre cómo podemos axudar dende os centros educativos aos nenos e nenas afectados con este trastorno, resaltando a importancia da utilización de apoios visuais en todo momento (rutinas na aula de infantil, explicación das regras de xogos apoiándose en debuxos, diccionarios visuais,…), utilización de axendas (tipo axenda Muñeco Palo), estruturación das actividades (á hora de redactar un conto axudarlles segmentándoo en introducción, nudo e desenlace).

Na seguinte parte da charla, falamos de probas específicas que se poden aplicar para a detección do TEL, e sinaláronse algunas como: CELF-V, Peabody, PLON, Rexistro fonolóxico, WISC-IV (puntúan baixo en intelixencia verbal e memoria de traballo), ditado de pseudopalabras,…

Por último, recomendounos o visionado da Conferencia de Marc Monfort que podemos atopar en youtube ou premendo no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=ydDc9RqIQDM

Tamén deixonos as diapositivas que acompañou a súa charla.


aquí tedes o enlace para a súa  descarga