domingo, 13 de mayo de 2012

Fotos da charla e da cea

O venres 11 de maio reunímonos como sempre para traballar e tanto Fernando coma matilde explicáronnos como realizan o diagnóstico e a intervención no 1º Ciclo de Primaria. Dende dúas perspectivas diferentes mostráronnos como traballan e por suposto os demais aprendemos moito

E como non podia ser doutra forma e como non todo é traballar fómonos ao "furancho" a compartir mesa e música

 Dende aquí quero darlle as grazas a Paulino xa que sen o seu esforzo e o seu sorriso nada de todo isto sería posible. Déixolle este video a xeito de homenaxe

viernes, 4 de mayo de 2012

Xuntanza e cea


VENRES 11 DE MAIO
ÁS 20.00 HORAS. Lugar no C.E.I.P. Otero Pedrayo
1º .  Mesa redonda co tema "Diagnóstico e Intervención no 1º Ciclo de Educación Primaria".
Matilde, orientadora do CEP Altamira e Fernando Machado, orientador de Santa Mariña contarannos as súas experiencias e logo os demais podemos ir contando as nosas.
2º.   Comentar e facilitar o material do 2º Encontro do Foro de Sanxenxo celebrado en Santiago o pasado 21 de abril. 
Os asistentes falaranvos dos temas tratados alí:  Maribel (Dislexia), Lourdes (TXD), Mabel (Análisis do material das carpetas), Fernando (Pediatras) e Ubaldo (Base de datos de Roberto).
Lembrade traer un pen
3º.   Falamos sobre a nosa asociación. Traede propostas para o vindeiro curso. ¿Que imos a alumear? Lembrade que en setembro elixiremos nova directiva.
ÁS 22.00 HORAS. Lugar no Furancho da Balsa (Matamá)
Cea de concordia. Ímonos de furancho con música galega en directo. Prezo: económico. Menú: está na pizarra do furancho dese día. 
O que si temos que facer é reservar mesa. Polo tanto, animádevos e comunicarme a vosa asistencia 
Hai quedan unhas imaxes do furancho:


Recibide un cordial saúdo da directiva da
ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR “FARO DAS CÍES”
orientavigo@gmail.com