viernes, 6 de marzo de 2015

Resumo da charla de Luis Viñas

1.- Razóns para pedir una escola inclusiva
A escola é a que debe adaptarse e dar resposta ás necesidades especiais do neno e non á inversa. Entre as razón polas que debemos pedir una escola inclusiva están:
  • Posibilitar que o neno poida participar activamente dun maior número de atarefas.
  • Facilitar a tarefa da mestra titora, liberándoa en determinados momentos, apoiándoa en situación disruptivas e problemas de comportamento.
  • Axudar aos alumnos/as con dificultades de comunicación dentro do grupo.
  • Intentar posibilitar un maior número de intervencións cos compañeiros, fomentando así a seguridade do neno/a.

2.- Consideracións previas que hai que ter en conta para que o PT poida traballar dentro da aula.
  • Contexto legal: Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais.
    • Artigo 19°.-Intervencións específicas.As intervencións específicas que sexan precisas por parte dos profesores especialistas de pedagoxía terapéutica ou de audición e linguaxe serán propostas e deseñadas polo departamento de orientación, do que forman parte, en colaboración co titor do grupo ó que pertence o alumno. Tales actuacións levaranse a cabo normalmente dentro da aula, xunto do resto do alumnado dese grupo, e só poderán levarse fóra dela en casos excepcionais que estean debidamente previstos nas adaptacións curriculares e durante un tempo que non excederá a terceira parte da xornada escolar.
  • Contexto do centro
    • Nº de alumnos do centro
    •  Nº de alumnos por aula
    • Qué tipo de alumnos hai con necesidades educativas.
  • Composición do claustro e ambiente de traballo
  • Coñecer os documentos do centro
  • Avaliar a participación dos pais
  • Microclima de relacións
  • Contar co apoio do Equipo Directivo e o Departamento de Orientación
  • Explicar e convencer ao claustro
  • Relación de confianza e colaboración coas titoras
  • PT ten que ser percibido como unha axuda, tanto para os nenos con necesidades como para o titor/a.
  • PT debe colaborar co profesor titor.

3.- Protocolo de intervención
  • Debe estar definido claramente polo Departamento de Orientación. Unha vez avaliado o alumno/a e definida a intervención, establécese un horario e un Plan de Actuación Individual co neno (PAI)
  • Os primeiros días son de observación e despois farase una entrevista cos país, explicándolles o traballo que se vai desenvolver co seu fillo/a e dándolle pautas e pequeñas tarefas para casa.
  • Debe haber tamén una coordinación cos servizos externos, tanto médicos como cos gabinetes.

4.- Microclima dentro da aula
  • A entrada do PT na aula, non debe alterar moito o ritmo da clase.
  • Debe ter a confianza dos nenos da aula.
  • Pode compartir coas titoras determinadas tarefas docentes.
  • Poden funcionar ben as actividades de anticipación (Explicarlles o que van a traballar ao día seguinte na aula)
  • Débese levar un rexistro do que está pasando cos alumnos cada día.

5.- Actitude dun profesor de PT
  • O mestre de PT debe ter una actitude de respeto. Debe entender as súas diferencias e creer no alumno/a.
  • Debe establecer un nivel de esixencia acorde coas posibilidades do alumno/a.
  • Debe marcar unhas normas e pautas claras a respectar en todo momento. Ser xusto e previsible á hora de poner un castigo.
  • Debe establecer relacións de cercanía (c/ sentido do humor).
  • Interesarse polo estado emocional do neno/a. Implicarse emocionalmente, saber cales son as súas inquedanzas.
  • Debe ensinar modelando, e recurrir a varias vías sensoriais (caixón de area, separar palabras dando saltos,utilizar materiais manipulables,…)
  • Revisar a orde no pupitre, da mochila,… Control da axenda escolar. Revisar o traballo nas libretas.