miércoles, 9 de abril de 2014

Charla de Saturnino Dafonte

O equipo do Instituto de Desarrollo Infantil abriunos moi xentilmente as súas portas e coñecimos un pouco mellor o funcionamento e traballo que realizan os diferentes membros deste equipo dirixido por Saturnino Dafonte.

Ante as diferentes Dificultades de Aprendizaxe coas que o neno/a acude ó Centro fanlle unha exploración e diagnóstico onde ademais de coñecer os síntomas que manifesta o neno/a describen as FERRAMENTAS NEUROLÓXICAS que non foron ben desenvoltas no crecemento e que estan ocasionando esas Dificultades de Aprendizaxe.

Seguindo a "Escala de desarrollo de la inteligencia del niño" exploran os diferentes "Reflejos Primitivos" que non se devolveron no crecimento do neno /a.


Logo realizan a terapia en función dese diagnóstico. Un dos métodos que utilizan na reeducación é o método de Glenn Doman.

Ademáis de coñecer o seu funcionamento intercambiamos opinións sobre o desenvolvemento neurofuncional do alumnado e a súa influencia na educación.

Por último, incidimos na importancia da implicación das familias nas diferentes terapias en particular e na educación en xeral.
Agradecerlles a súa acollida e complicidade.




No hay comentarios: