sábado, 18 de junio de 2011

Cea de final de curso

Como chegamos ao final de curso co combustible na reserva decidimos repoñelo cunha cea e así poder rematar este curso onde pouquiño a pouquiño puxemos as bases para que a nosa Asociación consiga todos os obxectivos que propuxemos 

lunes, 6 de junio de 2011

ASEMBLEA XERAL

CONVOCATORIA: ASEMBLEA XERAL DATA: XOVES 9 DE XUÑO DE 18.00 A 20.00 H.
LUGAR: NA AULA DE INFORMÁTICA DO CHOUZO. (Aparcamento no 2º portal ó baixar).
ORDE DO DÍA:

1. Lectura da acta anterior da Asemblea Xeral.
2. Información da Tesoreira sobre a lista de ASOCIADOS/AS e o SALDO DO CURSO 2010/2011.COLABORADORES/AS
3. Elixir o LOGOTIPO da Asociación “Faro das Cíes.” Velos arquivos adxuntos. (...)
4. CARTA A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN (....)
I. Modificación do perfil profesional para poder acceder a cursos de formación.
II. Formación co Equipo de Orientación Específico (Charla con Eladio: grupos de traballo, xefe territorial).
III. Redactar a carta para a Consellería de Educación sobre a propostas de temas prioritarios na Formación dos Orientadores/as Escolares.

Temas que imos votar para por prioridade:
a) Coordinación de programas de prevención e intervención coordinados polos EOE.
b) Detección e intervención co alumnado de Altas Capacidades.
c) Experiencias e boas prácticas na escola inclusiva.
d) Deseño e implementación de programas de orientación académica en educación infantil e primaria. Casos prácticos.
e) Desenvolvemento do plan de acción titorial nun centro de infantil e primaria.
f) Desenvolvemento práctico do Plan de convivencia.
g) Trastornos de saúde mental na escola (depresión, ansiedade,.negativismo desafiante, trastorno límite de personalidade.).
h) Técnicas de dinamización de grupos entre o profesorado.
i) Programa de calidade e xestión dos procesos en Orientación escolar.

5. Charlas con expertos:
- Avaliación da charla do Dr. Blanco.
- Avaliación da charla co Dr. Sastre (Próxima problemas de conduta)
- Ofertas de charlas con expertos e asociacións:
a) Asociación Asperga.
b) Autismo Bata.
c) Gabiete Trisquel.
d) Valoración de Minusvalía.
e) Belén Martínez (Psiquiatra Nicolas Peña)
f) Jorge Valladares (psicólogo Nicolas Peña)
g) Pediatra
h) Dra. Flor.

6. Charlas e coloquios entre orientadores escolares:
PROPOSTA 1: Chiño: experiencia sobre convivencia e tamén sobre absentismo escolar.
PROPOSTA 2: Diagnóstico e intervención psicoeducativa no 1º ciclo de Primaria (relatores:.....)
PROPOSTA 3
8. Compromiso cos Servizos Sociais do Concello de Vigo: Reunión para realizar a coordinación entre os servizos educativos, médicos, sociais e xurídicos. Elaborar protocolos de derivación médica e social cos respectivos documentos modelo.
(.....)
9. Gabinetes Psicopedagóxicos nos que tiverades boas experiencias e os poidamos recomendar a pais e nais que nos piden consello.
10. Enviar unha carta ás Universidades coa especialidade en psicopedagoxía, pedagoxía, etc. ofrecendo os nosos centros e Departamentos de Orientación Escolar para que os seus estudantes realicen as súas prácticas de carreira. (.......).
11. “ I Xornadas de Orientación Escolar Faro das Cíes” (.....)
12. (Paulino) Axilizar a xestión da asociación: reparto de tarefas e creación de equipos específicos de traballo sobre diferentes temas.
13. Enriquecemento do Blog: http://www.orientavigo.blogspot.com/. Pasa subir artigos e vídeos interesantes que descubrades: orientavigo@gmail.com
14. Cea de fin de curso. Decidir a data e lugar.(...)
15. Información sobre cursos e xornadas. “Repensar o Autismo”. Organizado pola Fundación Menela. Marian e Margarita xunto con outras compañeiras que asisitiron comentarannos algo do tema.
16. MÁIS TEMAS.(Neste punto podedes propor e enviar outros temas que queirades tratar na asemblea).

Un saúdo moi cordial da
DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR “FARO DAS CÍES”.