martes, 22 de febrero de 2011

Dislexia: Palabras al viento

O 15 de xaneiro, Documentos TV,  emitiu "PALABRAS AL VIENTO"

Palabras ao vento" é un documental sobre a dislexia, un trastorno que afecta a máis do 4% da poboación española, causa de gran parte do fracaso escolar e dalgúns problemas no desenvolvemento laboral e persoal.

En España, a dislexia aínda é unha gran descoñecida e está insuficientemente tratada nas aulas. A súa atención dende o sistema de saúde público é case inexistente. Os pais dos nenos que padecen dislexia teñen que recorrer, cos seus propios medios, aos tratamentos privados para intentar que a vida escolar dos seus fillos non se volva un pesadelo.
A lectura e a escritura son a ferramenta básica no ensino. E os disléxicos, por unha alteración neurolóxica, son incapaces de asociar correctamente o son co grafismo das letras e aprender ao ritmo dos seus compañeiros.
Científicos, deportistas, artistas e xenios creativos que marcaron a nosa historia foron disléxicos que, evidentemente, superaron a súa incapacidade se é que non foron brillantes grazas a ela. Albert Einstein, Thomas Edison, Picasso, Magic Johnson ou John Lennon tiveron que vivir coa dislexia.

A dislexia non se cura. Como explican distintos especialistas en Palabras ao vento, se corrixe ou se reconduce mediante outro sistema pedagóxico que utilice os puntos fortes do disléxico, traballando con todos os sentidos, explicándolle as cousas en lugar de facerllas ler e ensinándolle técnicas axeitadas ás súas capacidades para afrontar o texto escrito.
A Lei Orgánica de Educación recoñece que a dislexia require unha atención educativa específica e abre as portas ao seu tratamento nas aulas. Pero a falta de información e de profesores especializados dificulta a detección do problema.


Pódese ver o documental picando na foto





Altas Capacidades

Pequeno resumo das Altas Capacidades de Carmen Pomar