lunes, 6 de abril de 2015

Charla de Rober

O xoves 9 de abril, ás 5.30 h. no Ceip Celso Emilio Ferreiro ( Vigo) teremos unha nova sesión de formación.
Nesta ocasión contamos coa presencia de Rober Maquieira como relator. 
Rober Maquieira é un compañeiro orientador que coñecemos por  ter participado como ponente en xornadas de formación do Cafi, organizar os encontros de Orientadores e especialmente por xestionar un foro: Orientadores.es, que todos coñecemos e do que aprendemos moitísimo.

Aceptou estar con nós  para falarnos das habilidades visoauditivas  ( a nivel de avaliación e de intervención). Coidamos que é un tema que nos interesa moito e no que Rober ten moita formación.


DATA: O xoves día 9 de abril 

HORA: 17,30  horas 
LUGAR: Cep Celso Emillio Ferreiro ( Coia - Vigo). Rúa Porriño 
PONENTE: Roberto Maquieira, orientador educativo.
TEMA: Avaliación e intervención nas  habilidades visoauditivas