VENRES 11 DE MAIO
ÁS 20.00 HORAS. Lugar no C.E.I.P. Otero Pedrayo
1º . Mesa redonda co tema "Diagnóstico e Intervención no 1º Ciclo de Educación Primaria".
Matilde, orientadora do CEP Altamira e Fernando Machado, orientador de Santa Mariña contarannos as súas experiencias e logo os demais podemos ir contando as nosas.
2º. Comentar e facilitar o material do 2º Encontro do Foro de Sanxenxo celebrado en Santiago o pasado 21 de abril.
Os asistentes falaranvos dos temas tratados alí: Maribel (Dislexia), Lourdes (TXD), Mabel (Análisis do material das carpetas), Fernando (Pediatras) e Ubaldo (Base de datos de Roberto).
Lembrade traer un pen.
3º. Falamos sobre a nosa asociación. Traede propostas para o vindeiro curso. ¿Que imos a alumear? Lembrade que en setembro elixiremos nova directiva.
ÁS 22.00 HORAS. Lugar no Furancho da Balsa (Matamá)
Cea de concordia. Ímonos de furancho con música galega en directo. Prezo: económico. Menú: está na pizarra do furancho dese día.
O que si temos que facer é reservar mesa. Polo tanto, animádevos e comunicarme a vosa asistencia
Hai quedan unhas imaxes do furancho:
ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR “FARO DAS CÍES”
orientavigo@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario