Dentro das charlas que se organizan dende a asociación Faro das Cíes, está tarde no CEIP Mestres Goldar (Vigo), tivemos a sorte de contar con Betina Represas Vázquez que traballa como orientadora no Centro de Educación Especial de Panxón para alumnado con trastorno grave de conduta, veu presentar o Proxecto PITEAS.
O Proxecto PITEAS é un programa de innovación
educativa que está pensado e
creado pola Unidade de altas capacidades da
USC (Universidade de Santiago de Compostela), con Carmen Pomar, por outro lado, a Fundación
Barrié promove e financia o proxecto e por último, a Consellería
colabora coa implantación nos colexios e proporciona a formación ao profesorado.
O Proxecto PITEAS é avaliado en setembro e en xuño pola USC para
comprobar si melloran as competencias dos alumos, alumnas dos centros que participan no proxecto.
Betina explicou en que consiste PITEAS a través dunha serie de
palabras crave:
CLUSTER:
É unha forma de traballo, na que o alumno traballa baseándose exclusivamente no
seu interese. Cada venres, nas dúas últimas sesións hai un cluster de costura,
fotografía, mecánica, arquitectura,…
Cada cluster ten unha duración de 8 semanas e
son impartidos por profes interesados nesa materia (aínda que cando se
publicita o cluster, non se dí que profesor o vai dar). De todos os cluster vai
a saír un produto final.
O alumno/a aventaxado/a poder facer de mestre
e tamén se pode invitar a algún experto nesa materia (unha diseñadora, un
chef,…) O profesor que leva o taller, aprende cos alumnos, o proceso de
investigación vaise facendo con eles. Neles os nenos non están separados por
idade, senón por intereses.
A
nivel legal, esas 8 sesións xustifícanse como actividades
complementarias.
No resto das horas da semana se traballa por
proxectos. O aprendizaxe cooperativo é unha das metodoloxías estrela deste
proxecto.
Renzulli
foi o creador do “Modelo dos 3 aneis”. Según Rezulli un
superdotado destaca pola capacidade intelectual, creatividade, implicación na tarefa.
O modelo
SEM foi ideado por Joseph S. Renzulli e a súa muller, Sally M. Reis. SEM
son as siglas en inglés de modelo de enriquecemento escolar (Schoolwide Enrichment
Model).
Ao principio traballábase con alumnos con
altas capacidades, pero déronse conta de que ese modelo era enriquecedor para todos os alumnos, alumnas.
O modelo de enriquecemento consistía en
investigar e profundar na aprendizaxe.
Entre os recursos metodolóxicos utilizados
están:
- Aprendizaxe cooperativa metodología activa que ten como finalidade a aprendizaxe en grupo, a inclusión de todo o alumnado e a súa autonomía persoal.
- Aprendizaxe baseada no pensamento: o aula é un lugar privilexiado para fomentar e profundizar o pensamento; aprender a pensar, visual thinking, mapas de pensamento, ...Todas as correntes están de acordo en que os nenos non aprenden a pensar solos. O neno vai á escola para aprender a pensar. As novas liñas de aprendizaxe baseado no pensamento falan de “Infusión”, refírese a que todas as rutinas e destrezas do pensamento teñen que estar dentro do currículum (.historia, lingua galega, matemáticas,…). Pódense utilizar desde infantil, e serven para todos os cursos. Un exemplo de rutina de pensamento sería “vexo-penso-pregúntome”
- Aprendizaxe por proxectos unha metodoloxía de aprendizaxe na que os estudantes adquiren un rol activo e favorécese a motivación académica. O método consiste na realización dun proxecto case sempre en grupo.
SEM é un modelo de enriquecemento, non unha metodoloxía, é
dicir, unha filosofía que abarca un xeito de pensar a educación é de traballar, dentro do modelo SEM pódense utilizar diferentes metodoloxías. Neste modelo o protagonismo é do alumno, alumna.
Ten momentos de traballo en equipos
homoxéneos e heteroxéneos.
Desenvólvese con tres tipos de actividades que teñen
diferentes obxectivos:
Actividades Tipo I: Son actividades nas que teñen como obxectivo é a
motivación, xa que con ela se consegue unha aprendizaxe de alto nivel. Son
actividades de preparación para a aprendizaxe, non requiren ensinar nada. A través deste tipo de actividades,
preténdese conseguir a motivación intrínseca dos alumnos.
É importante facer un PTT (Portafolio Total
do Talento), é un expediente en positivo. Este é un punto moi importante, moitas veces nos nosos informes esquecémonos de por as fortalezas que teñen os nosos alumnos, alumnas, é competente na expresión oral, é bo no razoamento lóxico, ten unha boa capacidade de organización, gústanlle so temas de natureza, interesase polos temas de experiencias, ten desenvolvido o hábito de traballo, ten mois boas habilidades sociais, é empático, ....
Soamente amosamos as súas dificultades e puntos febles.
Resulta moito máis útil reflectir o que lle gusta, o que lle interesa e o que
se lle da ben, para poder potencialo ao máximo e motivalo de cara á
aprendizaxe. As veces os seus talentos non son cousas
valoradas na escola.
Actividades Tipo II: Trabállase a comunicación oral e escrita, o razoamento matemático, o método científico, o
pensamento crítico, a creatividade e a intelixencia emocional. O traballo desenvolvese sobre todo en grupos heteroxéneos.
Actividades Tipo III: É o produto final, debe poder compartirse con una audiencia real (por exemplo se o produto final é un restaurante a audiencia serían os
comensais que viñeran e pagaran por algo que nós facemos).
A avaliación faíse a través de: exames, rexistro da observación diaria, portafolio,
lista de control, rúbrica,…
Capital
profesional: Michael Fullan pedagogo canadiense, experto en liderazgo educativo, di que todo docente ten que
profesionalizarse. Este capital profesional abarca tres tipos de capital:
Humano: talento
Social: creando máis coñecementos entre as
persoas.
Decisorio: un profesor é bo cando é capaz de tomar
decisións por sí mesmo
A clave é un liderazgo pedagóxico que require
un traballo en equipo do profesorado.
Ata aquí a exposición de Betina, que nos
entusiamou coas súas palabras.
Moitas grazas pola túa intervención tan amena,
empática e motivante.
2 comentarios:
Xenial...
Unha nova escola é posible só hai que imaxinala e loitar por ela, como facemos desde o FARODASCÍES.
Xenial...
Unha nova escola é posible só hai que imaxinala e loitar por ela, como facemos desde o FARODASCÍES.
Publicar un comentario