a) “Programa de abordaxe das necesidades educativas específicas”. Os EOE dannos pautas ós orientadores/as sobre as diferentes necesidades. Requisitos coma que o número de prazas sexan suficientes para tódolos orientadores/as de Infantil e Primaria de Vigo e Comarca. Estratexias de traballo para implementar entre o profesorado da escola, a orientación por programas.
b) “Organización de encontros sobre o funcionamento dos departamentos de orientación”
Na aula virtual crearemos un foro para contestar á pregunta ¿Que queremos saber? Para que logo o grupo formado por Carmen Vaz, Maite e Matilde elaboremos por escrito os obxectivos e contidos do programas que suxerimos ó CFR de Vigo.
2. I CURSO ORGANIZADO POLO “Faro das Cíes”.
DATAS: Entre os xoves de febreiro e marzo.
Membros da Asociación intentarán contactar cos seguintes expertos
- Óscar Blanco, neuropediatra
- Paula Outón, dislexia
- Foniatra Flora
- Hipólito
3. USO DO BLOG DA ASOCIACIÓN. USO DO FORO OU AULA VIRTUAL.
A Aula Virtual xa está en funcionamento. Enviouse unha explicación por email para darse de alta. Esta aula virtual serve para estar en contacto entre nós, como foro, para subir arquivos, etc. Se alguén non recibiu o email que se poña en contacto para mandarlle a palabra clave.
Para o uso do Blog recordar que tedes que mandar o artigo ó correo electrónico da asociación orientavigo@gmail.com e quen se manexe cos "blogs" que xa o mande en "edición de HTML" .
4.-BECAS.
Algunha nai xa recibiu o ingreso da beca. Pódense pedir ó longo de todo o curso; aínda que só darían polo tempo restante do curso.
5.-NOTA FINAL
Como estamos en tempo de cocidos e para que o FARO DAS CÍES alumee con forza decidimos que no
Restaurante Laxeiro. Rúa Ecuador, 80. Vigo o VENRES 26 DE NOVEMBRO Ó MEDIODÍA nos xuntaremos para relaxarnos, charlar, rir e disfrutar ao redor dun bo prato de cocido.
Fai a túa reserva mandando un email a Paulino ou ao correo da Asociación
No hay comentarios:
Publicar un comentario