Despois de varios meses pelexándome co MOODLE e non facerme con el decidín pasarme ao antigo GRUPO de GOOGLE.
Xa case todos estamos anotados no grupo e se algún ou algunha falta só tedes que solicitalo a través do correo electrónico orientavigo@gmail.com
Dicirvos que no GRUPO xa está colgado o resumo da charla que dió María Ricart sobre intervención en infantil.
Tamén Agus aportou un documento sobre a intervención na aula con alumnos con ASPERGER que tamén podedes ver no GRUPO
Comentar que saiu o concurso específico para os equipos específicos de orientación:
http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/ba65b8eaaeccb488c12577ed0056be23/$FILE/23300D010P017.PDF
O concurso é para o profesorado de secundaria agás nas prazas de Audición e linguaxe que as poden pedir os de primaria coa especialidade.
A vindeira xuntanza será no CEFORE (en función dos participantes) onde está invitado o Doctor Sastre para falarnos da Hiperactividade. Cada asociado poderá traer a 2 ou 3 profes do seu cole que estén interesados no tema. Tedes que CONFIRMAR ANTES DO 18 DE XANEIRO CANTOS IDES ASISTIR PARA BUSCAR O LOCAL AXEITADO.
Agradecer a María, Marian e demais compañeiros/as as aportacións realizadas na última xuntanza que tivemos
Deíxovos este video que sempre me emocionou moito
Adivina tu futuro con las bolas de las palabras
Hace 3 horas
No hay comentarios:
Publicar un comentario