lunes, 29 de octubre de 2012

Plan Xeral de Atención a diversidade

A directiva da Asociación de Orientación Escolar .Faro das Cíes formada por orientadores/as escolares de Educación Infantil e Primaria dos colexios públicos da Comarca de Vigo.

INVITAN ó xefe/a do Departamento de Orientación Escolar de todos os colexios públicos a esta charla-coloquio:

Data: O xoves 8 de novembro de 18.00 a 19.30 horas.

Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo (No vial que sube á Universidade dende Pereiro a 3ª rotonda á dereita onde está a gasolineira, antes do novo hospital).

Invitado: Manuel Rey Fernández. Responsable da Asesoría de Atención á Diversidade e Orientación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Manuel ademais de dirixir os servizos de orientación da comunidade participa activamente na elaboración dos decretos e ordes que regulan o funcionamento dos nosos departamentos.
Como un gran defensor do servizo de orientación escolar nos centros, amosaranos o seu punto de vista e as expectativas de futuro con respecto a influencia do departamento na mellora da calidade educativa das escolas.

Título da charla: "Plan Xeral de Atención a Diversidade"
¿Por que ten que ser elaboralo polo Departamento de Orientación Escolar? ¿Para que nos sirve, é realmente útil? ¿Pode mellorar a calidade do servizo de orientación escolar? ¿Como pode influír na vida escolar? ¿Cal é a participación do profesorado neste plan? ¿Xa hai modelos de plans postos en práctica?
Estas son algunhas das preguntas que procurará responder o noso invitado; pero estou seguro que as preguntas máis interesantes van ser as que fagamos directamente no coloquio que manteremos con el.

Recibide un cordial saúdo da directiva da
ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR ?FARO DAS CÍES?
http://www.orientavigo.blogspot.com/

No hay comentarios: