lunes, 1 de octubre de 2012

1ª Asamblea do curso 12-13

A Asociación de Orientación Escolar "Faro das Cíes" formada por orientadores/as escolares de Educación Infantil e Primaria dos colexios públicos da comarca de Vigo no seu afán de que tódolos colexios formemos parte desta asociación, realizamos esta INVITACIÓN ós xefe/a do Departamento de Orientación Escolar de Vigo e comarca:

 Data: O xoves 4 de outubro xuño de 18.00 a 19.30 horas.
De 19.30 en diante tomamos unha caña e charlamos.

 Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo (No vial que sube á Universidade dende Pereiro a 3ª rotonda á dereita onde está a gasolineira, antes do novo hospital.)

 Orde do Día:
                   - Fin de mandato da Directiva despois de dous anos en funcionamento: Balance económico.                                                                          
                   -Reflexión en voz alta das actividades realizadas nestes dous cursos.
                   - Nomeamento da Directiva para os dous vindeiros cursos.
                   - Proposta de actividades a realizar no curso 12/13:
                   - Continuar coa charla mensual dos expertos.
                   - Enriquecemento do Blog da Asociación con boas prácticas de atención a diversidade.
                   - Traballos en equipo ou Grupos de traballo.
                   - Implicacións prácticas da nova Lei de Atención a Diversidade.
                   - Facer suxerencias doutras actividades.
                   - Máis temas de interese propostos polos membros da asemblea.

 Recibide un cordial saúdo da directiva da ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR "FARO DAS CÍES"

No hay comentarios: