domingo, 19 de mayo de 2019

REFLEXOS PRIMITIVOS


María González Optometrista e Audíologa veunos dar unha charla sobre os Reflexos Primitivos o xoves 2 de marzo ao CEIP Pintor Laxeiro,  deixounos unha presentación de 24 diapositivas que aquí compartimos convosco.

Os Reflexos Primitivos son movementos automáticos, innatos e  estereotipados controlados polo  troncoencéfalo.  Existentes xa no feto e están encargados de dirixir a actividade motora no recentemente nado, permitíndolle a súa supervivencia.




Aquí tedes o enlace para a descarga da presentación


Este é o resumo da súa intervención:





Moitas Grazas  María González por vir e compartir connosco a túa experiencia!!







domingo, 10 de marzo de 2019

ABA : Análise Condutual Aplicado para alumnado con TEA


O xoves 27 ante un centenar de orientadores, orientadoras e mestres, mestras, no CEIP Pintor Laxeiro (Vigo), Gabriela  Dagmar superou con nota a súa dor de gargante e de xeito totalmente desinteresado falounos sobre o  ABA (Análise  Conductual Aplicado).
Gabriela Dagmar é directora do centro Certigo, Doutora en Psicoloxía evolutiva e da Educación pola USC. Formación en "Autism Diagnostic Observation Shedule-Generic".

Este é un resumo da súa charla:
1. O programa ABA: Análise Condutual Aplicado
2. Metodoloxía do programa
2.1 The Discrete Trial versus Aprendizaxe Incidental
2.2 Presentación e retirada de apoios
2.3 Procura de reforzadores efectivos
2.4 Realización sistemática de rexistros
3. Habilidades de Conversación: Intraverbais
4. Tolerancia á Frustración

1. Que é o  ABA
Un programa que se usa con nenos con trastorno do espectro autista. (TEACCH é unha metodoloxía).
Hai investigacións que demostraron que este programa tiña grandes beneficios.
Os pasos para levar a cabo o  ABA son:
1º.- Avaliar ao neno: Antes de empezar co programa hai que avaliar ao neno para saber o seu nivel de desenvolvemento en todas as áreas.
2º.- Deseñar un programa de intervención individualizado.
3º.- Establecer unha ratio de horas. O beneficio dáse desde 20 a 40 horas semanais. Fóra de España pódese aplicar en garderías e colexios con persoal especializado.
4º.- Formación específica dos terapeutas e a contorna próxima (pais/nais). Dánselles as pautas concretas de como levalo a cabo.


2. Metodoloxía do programa 
2.1 The Discrete Trial (Ensaio discreto)versus Aprendizaxe incidental: é un ensaio operante distinto  á un aprendizaxe incidental que prodúcese cando aproveitamos a situacións cotiás para a aprendizaxe. Esta aprendizaxe incidental carece de estrutua formal.

No ensaio discreto: 

  • Preséntolle ao neno, nena un estímulo discriminativo (o que eu quero ensinarlle)
  • Espero unha resposta por parte do neno, nena. Se non responde, modelamos a súa resposta para que cumpra o noso obxectivo.
  • Consecuencia dámoslle reforzador que o neno, nena recibe aos poucos segundos da acción para que quede clara a consecuencia da súa conduta.
2.2 Presentación e Retirada de Apoios: Establécese un plan de cando vou a  modelar ao neno.

2.3 Realización  Sistemática de Rexistros: É importante como terapeutas o rexistrar o que facemos, cunhas táboas para visualizar e valorar cantas veces a respostas do alumno, alumna son as esperada.

2.4 Procura de reforzadores Efectivos: Mediante a observación establécese unha lista de reforzadores.
Reforzos Positivos: son unha serie de obxectos tanxibles, eloxios verbais ou físicos que ocorren como consecuencia dunha resposta e que motivan ao neno para repetir o comportamento ou acción. Eu convídolle a realizar unha acción, o neno,nena emite unha resposta e doulle o reforzador.
Tipos de Reforzadores

Consumibles ( gusanitos, flocos de millo,…)
Sociais (moi ben, abrazo,…)
De actividades (pompas de xabón,…)
Tanxibles (xoguete)

O  reforzador ten que ser eficaz, é dicir, temos que privarlle destes estímulos noutros ambientes ex. si emprega a vídeo consola na casa para tranquilizalo antes da ducha, non podemos empregala noutra situación. Individualizar o reforzo que se ofrece de acordo ao neno, nena (segundo as súas preferencias e nivel de desenvolvemento).
Os  reforzadores como o eloxio e os privilexios son máis axeitados nos nenos, nenas  de alto funcionamento, mentres que os  reforzadores consumibles son máis eficaces cos  nenos e nenas de baixo funcionamento.  

É importante dalos  reforzadores de forma inmediata, para reforzar xusto a conduta que acaba de realizar e non outra posterior.

O PRINCIPIO DE  PREMACK: Unha actividade preferida servirá como  reforzador dunha menos predilecta. Cando o neno avanza cos quebracabezas acábanlle gustando e convértense en  reforzadores.
O reforzador hai que deixarllo moi pouco tempo, porque se non o reforzador convértese en actividade.

Sistemas de Recompensas: 
  Actividade importante para o neno, nena: Aplaudir, reforzo positivo “moi ben”, cóxegas, xogos interactivos “ cucu- trastras”
  Actividade importante para o profesor: Un xoguete preferido, un obxecto de interese pero que non utilice de forma  estereotipada, unha pequena cantidade dun alimento preferido.
  Actividade importante para a familia: Abrazos,  bicos, afecto.
O programa dinos que instrucción exacta imos dar. Non podemos cambiar para non confundir ao neno, nena (se lle digo é “ben sentada” sempre hai que dicirllo desa maneira e non “ tes que sentarte ben”, por exemplo).

Obxectivos a desenvolver:
1.- Control Postural: É importante empezar por aquí xa que non se pode empezar a traballar se o neno non está ben sentado. Dáselle a instrución “Ben sentada” e cando é capaz de permanecer quieta coas mans sobre a mesa durante uns segundos dáselle o  reforzador ex: Cantaxogo.
2.- Contacto Ocular: Despois hai que traballarlle a mirada. ex: Mírame- cando ve, vánselle dando pezas dun quebracabezas.
3.- Igualación  Auditiva de Palabras: Traballo da capacidade de asociar sons a palabras iguais, non se debe frustrar ao neno se se pon moi nervioso déixase para outro momento.
4.- Seguemento Visual: desenvolver a capacidade de controlar correctamente os movementos dos ollos para seguir un  ítem. exemplo colócase un  gusanito escondido debaixo dun vaso entre outros doús e fanse varios movementos. o neno, nena ten averiguar en que vaso está agochado.
5.- Discriminación de obxectos 3D: desenvolver a capacidade de asociar obxectos  tridimensionales iguais. Exemplo: Preséntanselle tres tarxetas con tres fotos cubo,  boli, coitelo e colócanse na mesa á vez que se di o seu nome. Logo vanse sacando 3 tarxetas iguais que o neno debe colocar encima á vez que se lle di “Sinala  boli”… por último móstraselle o obxecto e se lle di “coloca coitelo” e debe colocalos encima das tarxetas.
Tamén se pode facer co esquema corporal: sinala boca, sinala nariz,…
6.-Imitación: desenvolver a acción de reproducir de forma exacta ou moi semellante determinada os movemenos que fai a mestra 1º con obxectos por exemplo o movemento dun coche na alfombra. 2º con movementos mootrices amplos cos pes, pernas. 3º movementos motrices finos mans, dedos. 4º imitar as persoas.



3. Habilidades de Conversa (Intraverbais): 
Estes obxectivos favorecen a saída do mutismo e fobia social
Etapa 1: “Habilidades de conversación”
Como che chamas? Onde vives? Cantos anos tes?
Etapa 2: “Respostas a preguntas subxectivas”
A resposta depende do que a cada individuo lle guste, varía en función do suxeito.
Que é o que máis che gusta comer? Cal é a cor que che gusta?
Etapa 3: “Respostas a preguntas pechadas tipo si/non”
Tes irmáns? Tes animais en casa? Gústache o fútbol? Es neno ou nena?
Etapa 4: “Preguntas cuxas respostas poden variar” 
Aquí o neno ten que pensar e desenvolver a súa espontaneidade
Onde está a túa profesora? Que tempo fai? Que comiches pola mañá? Que feixes agora?
Etapa 5: “Respostas a preguntas con opcións múltiples” con este tipo de preguntas póñense nerviosos polas dificultades para elixir. Se non traballou todas as etapas previas pode desencadear un problema de conduta
Queres xeado de amorodo ou de chocolate?
Etapa 6: “O alumno, alumna contesta a través dunha pregunta”
-Que tal estás? - Ben e ti?
Etapa 7: “Aproximacións  recíprocas”
-Teño unha camiseta azul. -E eu teño unha camiseta vermella
Etapa 8: “Afirmación –pregunta” Tense que interesar pola miña afirmación. Facilita o esenvolvemento social. O neno, nena segundo o que eu lle digo fará unha pregunta espontánea 
-Fun ao cinema -Que viches?
-Teño un can. -Como se chama?
-Divertiume a fin de semana -Que fixeches?
Etapa 9: “Afirmación seguida de afirmación negativa”
Ensínaselle que non ten que dicir si a todo
-Gústanme as lambetadas. - A min non me gustan, gústame máis o chocolate. 
Etapa 10: Afirmación-Afirmación- Pregunta
-Gústache o xeado? -A min gústame o chocolate e o xeado. A ti gústache o chocolate? -Non me gusta lavar os pratos. - A min non me gusta sacar o lixo. A ti gústache?


Para  Mellorar a  Tolerancia á Frustración
Desenvólvese por etapas:
1º  Identificar as situacións estresantes 
1.1 Teño que identificar as situacións  estresantes para o neno, nena.
1.2  Organizar da máis baixa á máis alta intensidade (pouco  estresantes, moderadamente  estresantes, extremadamente  estresantes)
2º Expoñer ao neno ante diversas situacións
2.1 situar ao neno, nena á situacións menos  estresante soamente cando o neno está relaxado.
2.2 Reforzalo de forma intermitente por comportamento acougado
2.3 Xeneralizar a mesma experiencia en situacións naturais.
2.4 Despois de 5 sesións estables pásase a outra conduta.
3º Uso de técnicas de Relaxación
3.1 Ensinarlle ao neno técnicas de relaxación.
3.2 Recompénsaselle polo uso en situacións de baixa tensión.
3.3 Redúcese a recompensa (para finalizar o programa).
Todas as sesións están altamente estruturadas e nelas o terapeuta ten un cartafol cos obxectivos, alternando períodos de traballo con períodos de descanso. Son intervencións con moita intensidade para que sexan efectivas.


Moitas grazas Gabriela pola túa intervención!  





sábado, 2 de febrero de 2019

Proxecto PITEAS : Modelo de enriquecemento para a escola



Dentro das charlas que se organizan dende a asociación Faro das Cíes, está tarde no CEIP Mestres Goldar (Vigo), tivemos a sorte de contar con Betina Represas Vázquez que traballa como orientadora no Centro de Educación Especial de Panxón para alumnado con trastorno grave de conduta, veu presentar o Proxecto PITEAS.

O Proxecto PITEAS é un programa de innovación educativa que está pensado e creado pola Unidade de altas capacidades da  USC (Universidade de Santiago de Compostela), con Carmen Pomar, por outro lado, a Fundación Barrié promove e financia o proxecto e por último, a Consellería colabora coa implantación nos colexios e proporciona a formación ao profesorado.

O Proxecto PITEAS é avaliado en setembro e en xuño pola USC para comprobar si melloran as competencias dos alumos, alumnas dos centros que participan no proxecto.

Betina explicou en que consiste PITEAS a través dunha serie de palabras crave:



CLUSTER: É unha forma de traballo, na que o alumno traballa baseándose exclusivamente no seu interese. Cada venres, nas dúas últimas sesións hai un cluster de costura, fotografía, mecánica, arquitectura,…
Cada cluster ten unha duración de 8 semanas e son impartidos por profes interesados nesa materia (aínda que cando se publicita o cluster, non se dí que profesor o vai dar). De todos os cluster vai a saír un produto final.
O alumno/a aventaxado/a poder facer de mestre e tamén se pode invitar a algún experto nesa materia (unha diseñadora, un chef,…) O profesor que leva o taller, aprende cos alumnos, o proceso de investigación vaise facendo con eles. Neles os nenos non están separados por idade, senón por intereses.
A  nivel legal, esas 8 sesións xustifícanse como actividades complementarias.

No resto das horas da semana se traballa por proxectos. O aprendizaxe cooperativo é unha das metodoloxías estrela deste proxecto.

Renzulli foi o creador do “Modelo dos 3 aneis”. Según Rezulli un superdotado destaca pola capacidade intelectual, creatividade, implicación na tarefa.

O modelo SEM foi ideado por Joseph S. Renzulli e a súa muller, Sally M. Reis. SEM son as siglas en inglés de modelo de enriquecemento escolar (Schoolwide Enrichment Model).

Ao principio traballábase con alumnos con altas capacidades, pero déronse conta de que ese modelo era enriquecedor para todos os alumnos, alumnas.
O modelo de enriquecemento consistía en investigar e profundar na aprendizaxe. 

Entre os recursos metodolóxicos utilizados están:
  • Aprendizaxe cooperativa metodología activa que ten como finalidade a aprendizaxe en grupo, a inclusión de todo o alumnado e a  súa autonomía persoal.
  • Aprendizaxe baseada no pensamento: o aula é un lugar privilexiado para fomentar e profundizar o pensamento; aprender a pensar, visual thinking, mapas de pensamento, ...Todas as correntes están de acordo en que os nenos non aprenden a pensar solos. O neno vai á escola para aprender a pensar.  As novas liñas de aprendizaxe baseado no pensamento falan de “Infusión”, refírese a que todas as rutinas e destrezas do pensamento teñen que estar dentro do currículum (.historia, lingua galega, matemáticas,…). Pódense utilizar desde infantil, e serven para todos os cursos. Un exemplo de rutina de pensamento sería “vexo-penso-pregúntome”       
  • Aprendizaxe por proxectos unha metodoloxía de aprendizaxe na que os estudantes adquiren un rol activo e favorécese a motivación académica. O método consiste na realización dun proxecto case sempre en grupo. 

SEM é un modelo de enriquecemento, non unha metodoloxía, é dicir, unha filosofía que abarca un xeito de pensar a educación é de traballar, dentro do modelo SEM pódense utilizar diferentes metodoloxías. Neste modelo o protagonismo é do alumno, alumna.
Ten momentos de traballo en equipos homoxéneos e heteroxéneos.

Desenvólvese con tres tipos de actividades que teñen diferentes obxectivos:
Actividades Tipo I: Son actividades nas que teñen como obxectivo é a motivación, xa que con ela se consegue unha aprendizaxe de alto nivel. Son actividades de preparación para a aprendizaxe, non requiren ensinar nada. A través deste tipo de actividades, preténdese conseguir a motivación intrínseca dos alumnos.

É importante facer un PTT (Portafolio Total do Talento), é un expediente en positivo. Este é un punto moi importante, moitas veces nos nosos informes esquecémonos de por as  fortalezas que teñen os nosos alumnos, alumnas, é competente na expresión oral, é bo no razoamento lóxico, ten unha boa capacidade de organización, gústanlle so temas de natureza, interesase polos temas de experiencias, ten desenvolvido o hábito de traballo, ten mois boas habilidades sociais, é empático,  ....
Soamente amosamos as súas dificultades e puntos febles. Resulta moito máis útil reflectir o que lle gusta, o que lle interesa e o que se lle da ben, para poder potencialo ao máximo e motivalo de cara á aprendizaxe. As veces os seus talentos non son cousas valoradas na escola.
Actividades Tipo II: Trabállase a comunicación oral e escrita, o razoamento matemático, o método científico, o pensamento crítico, a creatividade e a intelixencia emocional. O traballo desenvolvese sobre todo en grupos heteroxéneos.

Actividades Tipo III: É o produto final, debe poder compartirse con una audiencia real (por exemplo se o produto final é un restaurante a audiencia serían os comensais que viñeran e pagaran por algo que nós facemos).
A avaliación faíse a través de: exames, rexistro da observación diaria, portafolio, lista de control, rúbrica,…

Capital profesional: Michael Fullan pedagogo canadiense, experto en liderazgo educativo, di que todo docente ten que profesionalizarse. Este capital profesional abarca tres tipos de capital:
Humano: talento
Social: creando máis coñecementos entre as persoas.
Decisorio: un profesor é bo cando é capaz de tomar decisións por sí mesmo

A clave é un liderazgo pedagóxico que require un traballo en equipo do profesorado.


Ata aquí a exposición de Betina, que nos entusiamou coas súas palabras. 
Moitas grazas pola túa intervención tan amena, empática e motivante.