LEXISLACIÓN ACTUAL:
- Trasmítenos que estamos nunha etapa de confusión, porque actualmente conviven leis actuais con outras normativas todavía vixentes que corresponden a leis que están derogadas. Deberá sair nova normativa respecto a LOMCE. A LOMCE, é realmente unha modificación da LOE, a cal está tamén vixente.
- Respecto a futura orientación en Galicia parece que continuará a vixente, en principio non sairá nova normativa, aínda que desde Madrid parece que se establecerán cambios. Sí, haberá nova normativa respecto aos compoñentes do departamento de orientación.
- Suscitamos unha pregunta respecto as funcións dos Mestres especialistas en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, a cal nos responde, que será moi difícil que estén especificadas de forma concreta nunha lei. Non transmite máis aclaracións porque estamos nunha etapa de cambios. Ø
- No tema das adaptacións curriculares vai respondendo a preguntas que previamente lle suscitamos:
- Lembramos a definición de adaptación curricular, que é unha modificación nos elementos prescriptivos do currículo, tendo en conta que a normativa actual: a Orde do 6 de outubro de 1995, que debe ter en conta as modificacións segundo as leis vixentes.
- Respecto as adaptacións en centros de educación especial, infórmanos que o alumno debe estar rexistrado en XADE, escolarizado no curso segundo corresponde por idade e debe ter a adaptación do curso no que está.
- A adaptación curricular é un traballo que se debe realizar en equipo, coordinado polo titor, nos que estarán implicados os mestres especialistas de cada materia, contando coa axuda dos mestres de PT e AL e está asesorada polo orientador/a .
- Previo a adaptación é necesario que se realice unha avaliación psicopedagóxica.
- Lóxicamente, a adaptación téñena que facer os mestres implicados nas áreas porque realmente son quenes van a aplicala e avaliala.
- A adaptación debe realizarse unha vez escotadas as medidas ordinarias ou se resultan insuficientes, é preciso ter en conta a Orde do 6 de outubro do 95 pero tamén a Orde 229 do 2011 que fai referencia a atención a diversidade.
- A adaptación é preciso facela con coherencia e empregar a lóxica, tendo en conta a lexislación. Por lóxica hai que determinar canto antes se é ou non preciso aplicar un AC, xa que na avaliación incial detéctanse os casos e si xa se coñecese o alumno debería establecerse ao final de curso para aplicar no inicio do seguinte curso.
- Non hai ningunha lexislación que indique en que momento se debe realizar. As adaptacións realízanse por un ano e pódense avaliar en calquera momento que surxa, enviando modificación a inspección si é preciso.
- Ter en conta que é máis sinxelo realizar un AC que retirala.
- Un alumno cunha adaptación pode titular pero non sempre titula.
- Os pais deben estar informados da adaptación curricular, é preciso pedirlle a súa firma de que están informados, é aconsellable que indiquen a súa opinión. Se non están dacordo poden reclamar a dirección ou a inspección.
- Ante unha flexibilización en Educación Infantil é necesario realizar unha adaptación curricular.
- Se a flexibilización é en Infantil, o neno está en 6º de EI, e queremos sitúalo en 4 anos é posible. En primaria non se pode facer o cambio de grupo.
- O plazo da solicitude dunha flexibilización é en abril.
- Solícitase firma aos pais e a súa opinión. A decisión final a ten inspección.
- Como orientadores sinalar a importancia de realizar informes xustificados, indicando incluso a lexislacións que se ten en conta.
- Resalta de maneira moi importante, a petición de firmas aos pais nas entrevistas, información de avaliacións psicopedagóxicas, adaptacións curriculares….
- Aos mestres tamén é preciso a petición de firma nos acordos tomados que debe quedar reflexado nas actas.
- Os protocolos a seguir deben quedar reflexados no plan de atención a diversidade.
- Outro aspecto destacado no que centra gran parte do seu discurso é a protección de datos, reflexado na LOE e na LOMCE e por suposto la lei de protección e datos, 15 de 1996.
- A falta de protección de datos é un delito penal.
- Como orientadores, toda a información médica e persoal do alumno debe estar baixo chave e os ordenadores con sesión privada, protexida con contrasinal.
- Por outro lado debemos ser prudentes coa información que se transmite, os mestres precisan información das necesidades non dos síndromes, nin da súa capacidade intelectual.
- O correo da xunta, é un correo cun sistema de seguridade, de todos modos non se deben enviar datos persoais polo correo.
- O inspector si ten dereito a ver o informe dun alumno/a.
- Os médicos cando envían un informe por correo, o fan mediante un sistema de seguridade. Os orientadores deben protexer os datos do alumno e facilitar a información que demanden os pais, pero a familia debe presentar un escrito ante a petición dun informe.
- De todo informe e petición debe quedar unha copia, con rexistro de entrada e saída, segundo o caso.
- Os pais están obrigados, segundo o artículo 23 da LOMCE, a entregar informes que se soliciten desde o departamento de orientación.
- Ante unha documentación que deben firmar os pais, se non o queren facer, é preciso ter testigos da situación.
- É preciso ter en conta que ante un Dictamen de Escolarización, flexibilización, AC a decisión é de inspección. Os pais poden recurrir. Pero quen realmente indica a decisión final é inspección.
- Os pais son os que firman mentres o alumno non teña 18 anos. Se a persoa é maior de idade, teña as dificultades que teña, senón están determinadas por un titor legal, debe firmar. Na medida do posible, sempre é importante, a coordinación coas familias.
- Gracias pola túa colaboración Fátima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario