lunes, 23 de febrero de 2015

Charla sobre os apoios dentro das aulas ordinarias

A Asociación Educativa de Orientación Escolar “Faro das Cíes” organiza unha charla destinada a Orientadores/as e aos especialistas de PT e AL 


DATA: O vindeiro mércores día 25 de febreiro
HORA: De 17 horas a 18,30 horas
LUGARCep Celso Emillio Ferreiro ( Coia - Vigo). Rúa Porriño

CONFERENCIANTELuis Viñas García, que é mestre de PT no Ceip Parroco Don Camilo de Vigo e que fai todos os apoios dentro das aulas ordinarias. Contarános a súa experiencia, as condicións que permiten que faga o seu traballo, as dificultades que atopa,etc.


Están invitados os PT e AL dos nosos centros, xa que é un tema do seu interese e ademáis poden aportar ideas, porque o plantexamento desta sesión e compatir non só con Luis, senon con todos os asistentes á charla para poder recoller cantas máis experiencias mellor.

lunes, 2 de febrero de 2015

Charla de Fátima Garcia Doval. Asesora da Consellería de Educación

O mércores 29 de xaneiro tivemos a gran sorte de escoitar a Fátima Mª García Doval sobre a atención a diversidade, centrado na lexislación actual e principalmente nas adaptacións curriculares. 

LEXISLACIÓN ACTUAL

  • Trasmítenos que estamos nunha etapa de confusión, porque actualmente conviven leis actuais con outras normativas todavía vixentes que corresponden a leis que están derogadas. Deberá sair nova normativa respecto a LOMCE.  A LOMCE, é realmente unha modificación da LOE, a cal está tamén vixente. 
  • Respecto a futura orientación en Galicia parece que continuará a vixente, en principio non sairá nova normativa, aínda que desde Madrid parece que se establecerán cambios. Sí, haberá nova normativa respecto aos compoñentes do departamento de orientación. 
  • Suscitamos unha pregunta respecto as funcións dos Mestres especialistas en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, a cal nos responde, que será moi difícil que estén especificadas de forma concreta nunha lei. Non transmite máis aclaracións porque estamos nunha etapa de cambios. Ø 
ADAPTACIÓNS CURRICULARES

  • No tema das adaptacións curriculares vai respondendo a preguntas que previamente lle suscitamos:
  • Lembramos a definición de adaptación curricular, que é unha modificación nos elementos prescriptivos do currículo, tendo en conta que a normativa actual: a Orde do 6 de outubro de 1995, que debe ter en conta as modificacións segundo as leis vixentes. 
  • Respecto as adaptacións en centros de educación especial, infórmanos que o alumno debe estar rexistrado en XADE, escolarizado no curso segundo corresponde por idade e debe ter a adaptación do curso no que está. 
  • A adaptación curricular é un traballo que se debe realizar en equipo, coordinado polo titor, nos que estarán implicados os mestres especialistas de cada materia, contando coa axuda dos mestres de PT e AL e está asesorada polo orientador/a .
  •  Previo a adaptación é necesario que se realice unha avaliación psicopedagóxica. 
  • Lóxicamente, a adaptación téñena que facer os mestres implicados nas áreas porque realmente son quenes van a aplicala e avaliala. 
  • A adaptación debe realizarse unha vez escotadas as medidas ordinarias ou se resultan insuficientes, é preciso ter en conta a Orde do 6 de outubro do 95 pero tamén a Orde 229 do 2011 que fai referencia a atención a diversidade. 
  • A adaptación é preciso facela con coherencia e empregar a lóxica, tendo en conta a lexislación. Por lóxica hai que determinar canto antes se é ou non preciso aplicar un AC, xa que na avaliación incial detéctanse os casos e si xa se coñecese o alumno debería establecerse ao final de curso para aplicar no inicio do seguinte curso. 
  • Non hai ningunha lexislación que indique en que momento se debe realizar. As adaptacións realízanse por un ano e pódense avaliar en calquera momento que surxa, enviando modificación a inspección si é preciso. 
  • Ter en conta que é máis sinxelo realizar un AC que retirala. 
  • Un alumno cunha adaptación pode titular pero non sempre titula. 
  • Os pais deben estar informados da adaptación curricular, é preciso pedirlle a súa firma de que están informados, é aconsellable que indiquen a súa opinión. Se non están dacordo poden reclamar a dirección ou a inspección.
 FLEXIBILIZACIÓN

  • Ante unha flexibilización en Educación Infantil é necesario realizar unha adaptación curricular. 
  • Se a flexibilización é en Infantil, o neno está en 6º de EI, e queremos sitúalo en 4 anos é posible. En primaria non se pode facer o cambio de grupo. 
  • O plazo da solicitude dunha flexibilización é en abril. 
  • Solícitase firma aos pais e a súa opinión. A decisión final a ten inspección. 
 INFORMES E PROTECCIÓN DE DATOS 

  • Como orientadores sinalar a importancia de realizar informes xustificados, indicando incluso a lexislacións que se ten en conta. 
  • Resalta de maneira moi importante, a petición de firmas aos pais nas entrevistas, información de avaliacións psicopedagóxicas, adaptacións curriculares…. 
  • Aos mestres tamén é preciso a petición de firma nos acordos tomados que debe quedar reflexado nas actas. 
  • Os protocolos a seguir deben quedar reflexados no plan de atención a diversidade. 
  • Outro aspecto destacado no que centra gran parte do seu discurso é a protección de datos, reflexado na LOE e na LOMCE e por suposto la lei de protección e datos, 15 de 1996. 
  • A falta de protección de datos é un delito penal. 
  • Como orientadores, toda a información médica e persoal do alumno debe estar baixo chave e os ordenadores con sesión privada, protexida con contrasinal. 
  • Por outro lado debemos ser prudentes coa información que se transmite, os mestres precisan información das necesidades non dos síndromes, nin da súa capacidade intelectual. 
  • O correo da xunta, é un correo cun sistema de seguridade, de todos modos non se deben enviar datos persoais polo correo. 
  • O inspector si ten dereito a ver o informe dun alumno/a. 
  • Os médicos cando envían un informe por correo, o fan mediante un sistema de seguridade. Os orientadores deben protexer os datos do alumno e facilitar a información que demanden os pais, pero a familia debe presentar un escrito ante a petición dun informe. 
  • De todo informe e petición debe quedar unha copia, con rexistro de entrada e saída, segundo o caso.
  • Os pais están obrigados, segundo o artículo 23 da LOMCE, a entregar informes que se soliciten desde o departamento de orientación. 
  • Ante unha documentación que deben firmar os pais, se non o queren facer, é preciso ter testigos da situación. 
  • É preciso ter en conta que ante un Dictamen de Escolarización, flexibilización, AC a decisión é de inspección. Os pais poden recurrir. Pero quen realmente indica a decisión final é inspección. 
  • Os pais son os que firman mentres o alumno non teña 18 anos. Se a persoa é maior de idade, teña as dificultades que teña, senón están determinadas por un titor legal, debe firmar. Na medida do posible, sempre é importante, a coordinación coas familias. 
  •  Gracias pola túa colaboración Fátima.