Este é o blog da asociación de orientadores escolares de Infantil e Primaria:"Faro das Cíes" e pretendemos: Favorecer o coñecemento, comunicación e cooperación entre os orientadores escolares da zona, intercambiar experiencias e materiais
A Asociación Educativa de Orientación Escolar
“Faro das Cíes” organiza unha charla
destinada a todos o profesorado sobre “O
alumnado con Trastorno Específico da Linguaxe”
Mónica
Vilamea Pérez: Logopeda infantil. Imparte docencia no
Grado de Logopedia e no Master sobre a linguaxe,
comunicación e patoloxías na Universidade de A Coruña.
Belén
Vidal Porto: Orientadora Escolar e Logopeda Infantil
con experiencia nos trastornos da linguaxe oral e escrito.
O xoves 9 de abril, ás 5.30 h. no Ceip Celso Emilio Ferreiro ( Vigo) teremos unha nova sesión de formación. Nesta ocasión contamos coa presencia de Rober Maquieira como relator. Rober Maquieira é un compañeiro orientador que coñecemos por ter participado como ponente en xornadas de formación do Cafi, organizar os encontros de Orientadores e especialmente por xestionar un foro: Orientadores.es, que todos coñecemos e do que aprendemos moitísimo. Aceptou estar con nós para falarnos das habilidades visoauditivas ( a nivel de avaliación e de intervención). Coidamos que é un tema que nos interesa moito e no que Rober ten moita formación.
DATA: O xoves día 9 de abril HORA: 17,30 horas LUGAR: Cep Celso Emillio Ferreiro ( Coia - Vigo). Rúa Porriño PONENTE: Roberto Maquieira, orientador educativo. TEMA: Avaliación e intervención nas habilidades visoauditivas
A escola é a que debe
adaptarse e dar resposta ás necesidades especiais do neno e non á inversa.
Entre as razón polas que debemos pedir una escola inclusiva están:
Posibilitar que o
neno poida participar activamente dun maior número de atarefas.
Facilitar a tarefa da
mestra titora, liberándoa en determinados momentos, apoiándoa en situación
disruptivas e problemas de comportamento.
Axudar aos alumnos/as
con dificultades de comunicación dentro do grupo.
Intentar posibilitar
un maior número de intervencións cos compañeiros, fomentando así a seguridade
do neno/a.
2.- Consideracións previas que hai que ter en conta para
que o PT poida traballar dentro da aula.
Contexto legal: Orde do 27
de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a
escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino
non universitario con necesidades educativas especiais.
Artigo 19°.-Intervencións específicas.As intervencións específicas que sexan
precisas por parte dos profesores especialistas de pedagoxía terapéutica ou de
audición e linguaxe serán propostas e deseñadas polo departamento de
orientación, do que forman parte, en colaboración co titor do grupo ó que pertence
o alumno. Tales actuacións levaranse a cabo normalmente dentro da aula, xunto
do resto do alumnado dese grupo, e só poderán levarse fóra dela en casos
excepcionais que estean debidamente previstos nas adaptacións curriculares e
durante un tempo que non excederá a terceira parte da xornada escolar.
Contexto do centro
Nº
de alumnos do centro
Nº
de alumnos por aula
Qué
tipo de alumnos hai con necesidades educativas.
Composición do claustro e
ambiente de traballo
Coñecer os documentos do
centro
Avaliar a participación dos
pais
Microclima de relacións
Contar co apoio do Equipo
Directivo e o Departamento de Orientación
Explicar e convencer ao
claustro
Relación de confianza e
colaboración coas titoras
PT ten que ser percibido
como unha axuda, tanto para os nenos con necesidades como para o titor/a.
PT debe colaborar co
profesor titor.
3.- Protocolo de intervención
Debe estar definido
claramente polo Departamento de Orientación. Unha vez avaliado o alumno/a e
definida a intervención, establécese un horario e un Plan de Actuación
Individual co neno (PAI)
Os primeiros días son
de observación e despois farase una entrevista cos país, explicándolles o
traballo que se vai desenvolver co seu fillo/a e dándolle pautas e pequeñas
tarefas para casa.
Debe haber tamén una
coordinación cos servizos externos, tanto médicos como cos gabinetes.
4.- Microclima dentro da aula
A entrada do PT na
aula, non debe alterar moito o ritmo da clase.
Debe ter a confianza
dos nenos da aula.
Pode compartir coas
titoras determinadas tarefas docentes.
Poden funcionar ben
as actividades de anticipación (Explicarlles o que van a traballar ao día
seguinte na aula)
Débese levar un
rexistro do que está pasando cos alumnos cada día.
5.- Actitude dun profesor de PT
O mestre de PT debe
ter una actitude de respeto. Debe entender as súas diferencias e creer no
alumno/a.
Debe establecer un
nivel de esixencia acorde coas posibilidades do alumno/a.
Debe marcar unhas
normas e pautas claras a respectar en todo momento. Ser xusto e previsible á
hora de poner un castigo.
Debe establecer
relacións de cercanía (c/ sentido do humor).
Interesarse polo
estado emocional do neno/a. Implicarse emocionalmente, saber cales son as súas
inquedanzas.
Debe ensinar
modelando, e recurrir a varias vías sensoriais (caixón de area, separar
palabras dando saltos,utilizar materiais manipulables,…)
Revisar a orde no
pupitre, da mochila,… Control da axenda escolar. Revisar o traballo nas
libretas.
A Asociación Educativa de Orientación Escolar “Faro das Cíes” organiza unha charla destinada a Orientadores/as e aos especialistas de PT e AL
DATA: O vindeiro mércores día 25 de febreiro HORA: De 17 horas a 18,30 horas LUGAR: Cep Celso Emillio Ferreiro ( Coia - Vigo). Rúa Porriño CONFERENCIANTE: Luis Viñas García, que é mestre de PT no Ceip Parroco Don Camilo de Vigo e que fai todos os apoios dentro das aulas ordinarias. Contarános a súa experiencia, as condicións que permiten que faga o seu traballo, as dificultades que atopa,etc. Están invitados os PT e AL dos nosos centros, xa que é un tema do seu interese e ademáis poden aportar ideas, porque o plantexamento desta sesión e compatir non só con Luis, senon con todos os asistentes á charla para poder recoller cantas máis experiencias mellor.
O mércores 29 de xaneiro tivemos a gran sorte de escoitar a Fátima Mª García Doval sobre a atención a diversidade, centrado na lexislación actual e principalmente nas adaptacións curriculares. LEXISLACIÓN ACTUAL:
Trasmítenos que estamos nunha etapa de confusión, porque actualmente conviven leis actuais con outras normativas todavía vixentes que corresponden a leis que están derogadas.
Deberá sair nova normativa respecto a LOMCE. A LOMCE, é realmente unha modificación da LOE, a cal está tamén vixente.
Respecto a futura orientación en Galicia parece que continuará a vixente, en principio non sairá nova normativa, aínda que desde Madrid parece que se establecerán cambios.
Sí, haberá nova normativa respecto aos compoñentes do departamento de orientación.
Suscitamos unha pregunta respecto as funcións dos Mestres especialistas en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, a cal nos responde, que será moi difícil que estén especificadas de forma concreta nunha lei.
Non transmite máis aclaracións porque estamos nunha etapa de cambios. Ø
ADAPTACIÓNS CURRICULARES:
No tema das adaptacións curriculares vai respondendo a preguntas que previamente lle suscitamos:
Lembramos a definición de adaptación curricular, que é unha modificación nos elementos prescriptivos do currículo, tendo en conta que a normativa actual: a Orde do 6 de outubro de 1995, que debe ter en conta as modificacións segundo as leis vixentes.
Respecto as adaptacións en centros de educación especial, infórmanos que o alumno debe estar rexistrado en XADE, escolarizado no curso segundo corresponde por idade e debe ter a adaptación do curso no que está.
A adaptación curricular é un traballo que se debe realizar en equipo, coordinado polo titor, nos que estarán implicados os mestres especialistas de cada materia, contando coa axuda dos mestres de PT e AL e está asesorada polo orientador/a .
Previo a adaptación é necesario que se realice unha avaliación psicopedagóxica.
Lóxicamente, a adaptación téñena que facer os mestres implicados nas áreas porque realmente son quenes van a aplicala e avaliala.
A adaptación debe realizarse unha vez escotadas as medidas ordinarias ou se resultan insuficientes, é preciso ter en conta a Orde do 6 de outubro do 95 pero tamén a Orde 229 do 2011 que fai referencia a atención a diversidade.
A adaptación é preciso facela con coherencia e empregar a lóxica, tendo en conta a lexislación.
Por lóxica hai que determinar canto antes se é ou non preciso aplicar un AC, xa que na avaliación incial detéctanse os casos e si xa se coñecese o alumno debería establecerse ao final de curso para aplicar no inicio do seguinte curso.
Non hai ningunha lexislación que indique en que momento se debe realizar.
As adaptacións realízanse por un ano e pódense avaliar en calquera momento que surxa, enviando modificación a inspección si é preciso.
Ter en conta que é máis sinxelo realizar un AC que retirala.
Un alumno cunha adaptación pode titular pero non sempre titula.
Os pais deben estar informados da adaptación curricular, é preciso pedirlle a súa firma de que están informados, é aconsellable que indiquen a súa opinión. Se non están dacordo poden reclamar a dirección ou a inspección.
FLEXIBILIZACIÓN:
Ante unha flexibilización en Educación Infantil é necesario realizar unha adaptación curricular.
Se a flexibilización é en Infantil, o neno está en 6º de EI, e queremos sitúalo en 4 anos é posible. En primaria non se pode facer o cambio de grupo.
O plazo da solicitude dunha flexibilización é en abril.
Solícitase firma aos pais e a súa opinión. A decisión final a ten inspección.
INFORMES E PROTECCIÓN DE DATOS
Como orientadores sinalar a importancia de realizar informes xustificados, indicando incluso a lexislacións que se ten en conta.
Resalta de maneira moi importante, a petición de firmas aos pais nas entrevistas, información de avaliacións psicopedagóxicas, adaptacións curriculares….
Aos mestres tamén é preciso a petición de firma nos acordos tomados que debe quedar reflexado nas actas.
Os protocolos a seguir deben quedar reflexados no plan de atención a diversidade.
Outro aspecto destacado no que centra gran parte do seu discurso é a protección de datos, reflexado na LOE e na LOMCE e por suposto la lei de protección e datos, 15 de 1996.
A falta de protección de datos é un delito penal.
Como orientadores, toda a información médica e persoal do alumno debe estar baixo chave e os ordenadores con sesión privada, protexida con contrasinal.
Por outro lado debemos ser prudentes coa información que se transmite, os mestres precisan información das necesidades non dos síndromes, nin da súa capacidade intelectual.
O correo da xunta, é un correo cun sistema de seguridade, de todos modos non se deben enviar datos persoais polo correo.
O inspector si ten dereito a ver o informe dun alumno/a.
Os médicos cando envían un informe por correo, o fan mediante un sistema de seguridade.
Os orientadores deben protexer os datos do alumno e facilitar a información que demanden os pais, pero a familia debe presentar un escrito ante a petición dun informe.
De todo informe e petición debe quedar unha copia, con rexistro de entrada e saída, segundo o caso.
Os pais están obrigados, segundo o artículo 23 da LOMCE, a entregar informes que se soliciten desde o departamento de orientación.
Ante unha documentación que deben firmar os pais, se non o queren facer, é preciso ter testigos da situación.
É preciso ter en conta que ante un Dictamen de Escolarización, flexibilización, AC a decisión é de inspección. Os pais poden recurrir. Pero quen realmente indica a decisión final é inspección.
Os pais son os que firman mentres o alumno non teña 18 anos. Se a persoa é maior de idade, teña as dificultades que teña, senón están determinadas por un titor legal, debe firmar.
Na medida do posible, sempre é importante, a coordinación coas familias.
A Asociación Educativa de Orientación Escolar “Faro das Cíes” organiza unha charla destinada a Orientadores/as e ao especialistas de PT e AL
DATA: O vindeiro mércores día 28 de xaneiro HORA: De 17 horas a 18,30 horas LUGAR: Cep Celso Emillio Ferreiro ( Coia - Vigo). Rúa Porriño CONFERENCIANTE: Fátima García Doval , asesora da Consellería de Educación e O.U en canto á orientación e atención á diversidade. TEMA: A charla terá unha primeira parte para abordar distintos aspectos relacionados coa lexislación actual en canto a orientación e atención á diversidade, e unha segunda parte máis extensa sobre as adaptacións curriculares. A charla está plantexada tamén para que lle podamos facer preguntas relacionadas con estes asuntos e plantexar dúbidas.