PRESENTACIÓN DE
ADOLFO PIÑÓN BLANCO
Moi boas tardes.
Primeiro de todo recibide un saúdo e unha afectuosa benvida
dos meus compañeiros e compañeiras da Asociación Educativa de Orientación
Escolar "Faro das Cíes" por acercarvos á charla desta tarde co noso
invitado, Adolfo Piñón Blanco.
Un servidor, Paulino, aproveito a ocasión para
comentarvos que a nosa Asociación inicia o seu 4º curso escolar como asociación
sen ánimo de lucro no que Orientadores e Orientadoras Escolares dos Colexios
Públicos de Infantil e Primaria da Comarca de Vigo; na que coa nosa aportación
económica, adicando algún tempo persoal e unha morea enorme de ilusión por
mellorar no noso traballo realizamos actividades, como a de ter o enorme pracer de contar para esta
lección maxistral de inicio de curso,
ó mellor estilo universitario, cun xoven
i experimentado neuropsicólogo Adolfo Piñón Blanco, que de xeito desinteresado fixo un hoco na súa
axenda para compartir esta tarde con todos e todas nós.
Permitídeme que faga unha pequena presentación do
invitado desta tarde, invitado que tamén podedes coñecer visitando o seu blog: www. adolfopb.com no que nos acerca a
neuropsicoloxía á vida cotiá.
Adolfo é un neuropsicólogo cunha particularidade moi
especial que é o seu carácter investigador
e creador , ademais dun dinamismo e actividade que vos vai conquistar esta
tarde. E dígovos conquistarvos a vós; porque a min foime conquistando nas veces que
tiven o pracer de escoitalo.
En poucas palabras contarvos que coñecino nas xornadas
que o Plan Local de Drogodependencias de Vigo organiza anualmente, no que o
centro Cedro, onde colabora Adolfo, presentounos xunto cos seus colaboradores e
a Universidade de Granada a súa propia Batería
Neuropsicolóxica para a Rehabilitación Cognitiva en Drogodependentes da que
está obtendo resultados prácticos moi positivos nos seus pacientes. A creación
desta batería da proba da súa iniciativa investigadora.
E, por outra banda, a creación de Xogos Terapéuticos como Trisquel e o Memodado que utiliza na dinámica de grupos cos seus
xóvenes pacientes amósanos a súa capacidade creadora.
Cada vez que o escoitaba falando de rehabilitación
cognitiva, funcións executivas, condutas, atención, memoria e o domino das
emocións, pensaba para min; cantas destas ideas serían aproveitables nas nosas
escolas!
E estando na procura da aplicación das investigacións neuropsicolóxicas nas
escolas; aconteceu que moitos dos
meus compañeiros e compañeiras aquí presentes fomos un sábado a unhas Xornadas Educativas
en Sanxenxo que organizaba o Policlínico Ebam; e resulta que vexo a Adolfo
falando con relatores e a xente da organización; anda!, pois resulta que Adolfo
tamén colabora con este centro e atende a nenos e nenas que coas súas familias
visitan a clínica para atopar solucións as súas dificultades de aprendizaxe.
Alí mesmo, xa o
asaltamos e arrincámoslle o compromiso de vir esta tarde a estar connosco,
cousa que xa vedes que está cumprindo.
Adolfo é dos relatores que nos vai encantar porque
está moi conectado na práctica diaria coa resolución das diversas Dificultades
de Aprendizaxe que a cotío demándanlle os
seus pacientes; e sen máis demora, démoslle
un aplauso de benvida a Adolfo Piñon
Blanco e disfrutemos do seu maxisterio.
Moitas grazas, Adolfo
No hay comentarios:
Publicar un comentario