domingo, 3 de noviembre de 2013

Reunión

Xefe/a do Departamento de Orientación Escolar:
A Asociación Educativa de Orientación Escolar “Faro das Cíes” abrangue os Colexios de Infantil e Primaria da Comarca de Vigo polo que invitámoste a coñecernos e unirte a nós na reunión que celebraremos o:
Data: xoves 7 de novembro de 18.30 a 20.00 horas.
LugarC.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo
Orde do día:
-        Elaborar a lista de asociados/as 13-14. (foto carnet e colexio para coñecernos mellor)
-        Elaborar a lista de colaboradores/as da asociación.
-        Suxerencias sobre a quen podemos invitar as “Charlas de expertos” e temas sobre os que nos gustaría que nos falaran.”
-        “Rede galega de prevención e atención temperá”: Coordinación dos servizos educativos, médicos e sociais (FOANPAS).
-        Proposta de grupos ou talleres sobre temas que nos interesan: programas de hhss ante os problemas de conduta, educación emocional, informes de orientación escolar, programas específicos personalizados, etc.
-        “Mercado de orientación escolar”. Nesta sección cada orientador/a escolar intercambiamos as cousas dos nosos departamentos: preguntas, dúbidas, experiencias didácticas, libros, vídeos, blogs, cursos, charlas e congresos interesantes. Por exemplo, falareivos do libro "Fracaso escolar".
-        Mais temas… (escribide novas propostas).

Un saúdo moi cordial da directiva da
ASOCIACIÓN   EDUCATIVA DE ORIENTACIÓN ESCOLAR “FARO DAS CÍES”

Presentación de Adolfo Piñon Blanco

O prometido é débeda; aquí está a presentación que Paulino fixo a Adolfo Piñon cando nos deu a charla:

PRESENTACIÓN DE ADOLFO PIÑÓN BLANCO
Moi boas tardes.
Primeiro de todo recibide un saúdo e unha afectuosa benvida dos meus compañeiros e compañeiras da Asociación Educativa de Orientación Escolar "Faro das Cíes" por acercarvos á charla desta tarde co noso invitado, Adolfo Piñón Blanco.
Un servidor, Paulino, aproveito a ocasión para comentarvos que a nosa  Asociación  inicia o seu 4º curso escolar como asociación sen ánimo de lucro no que Orientadores e Orientadoras Escolares dos Colexios Públicos de Infantil e Primaria da Comarca de Vigo; na que coa nosa aportación económica, adicando algún tempo persoal e unha morea enorme de ilusión por mellorar no noso traballo realizamos actividades,  como a de ter o enorme pracer de contar para esta lección maxistral de inicio de curso, ó mellor estilo universitario,  cun xoven i experimentado neuropsicólogo Adolfo Piñón Blanco,  que de xeito desinteresado fixo un hoco na súa axenda para compartir esta tarde con todos e todas nós.
Permitídeme que faga unha pequena presentación do invitado desta tarde, invitado que tamén podedes coñecer visitando o seu blog: www. adolfopb.com no que nos acerca a neuropsicoloxía á vida cotiá. 
Adolfo é un neuropsicólogo cunha particularidade moi especial que é o seu carácter investigador e creador , ademais dun dinamismo e actividade que vos vai conquistar esta tarde. E dígovos conquistarvos a vós;  porque a min foime conquistando nas veces que tiven  o pracer de escoitalo.
En poucas palabras contarvos que coñecino nas xornadas que o Plan Local de Drogodependencias de Vigo organiza anualmente, no que o centro Cedro, onde colabora Adolfo, presentounos xunto cos seus colaboradores e a Universidade de Granada a súa propia Batería Neuropsicolóxica para a Rehabilitación Cognitiva en Drogodependentes da que está obtendo resultados prácticos moi positivos nos seus pacientes. A creación desta batería da proba da súa iniciativa investigadora.
E, por outra banda, a creación de Xogos Terapéuticos como Trisquel e o Memodado  que utiliza na dinámica de grupos cos seus xóvenes pacientes amósanos a súa capacidade creadora
Cada vez que o escoitaba falando de rehabilitación cognitiva, funcións executivas, condutas, atención, memoria e o domino das emocións, pensaba para min; cantas destas ideas serían aproveitables nas nosas escolas!
E estando na procura da aplicación das investigacións neuropsicolóxicas nas escolas; aconteceu que  moitos dos meus compañeiros e compañeiras aquí  presentes fomos un sábado a unhas Xornadas Educativas en Sanxenxo que organizaba o Policlínico Ebam; e resulta que vexo a Adolfo falando con relatores e a xente da organización; anda!, pois resulta que Adolfo tamén colabora con este centro e atende a nenos e nenas que coas súas familias visitan a clínica para atopar solucións as súas dificultades de aprendizaxe.
Alí mesmo,  xa o asaltamos e arrincámoslle o compromiso de vir esta tarde a estar connosco, cousa que xa vedes que está cumprindo.
Adolfo é dos relatores que nos vai encantar porque está moi conectado na práctica diaria coa resolución das diversas Dificultades de Aprendizaxe que a cotío demándanlle  os seus pacientes;  e sen máis demora, démoslle un  aplauso de benvida a Adolfo Piñon Blanco e disfrutemos do seu maxisterio.
Moitas grazas, Adolfo