domingo, 3 de noviembre de 2013

Reunión

Xefe/a do Departamento de Orientación Escolar:
A Asociación Educativa de Orientación Escolar “Faro das Cíes” abrangue os Colexios de Infantil e Primaria da Comarca de Vigo polo que invitámoste a coñecernos e unirte a nós na reunión que celebraremos o:
Data: xoves 7 de novembro de 18.30 a 20.00 horas.
LugarC.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo
Orde do día:
-        Elaborar a lista de asociados/as 13-14. (foto carnet e colexio para coñecernos mellor)
-        Elaborar a lista de colaboradores/as da asociación.
-        Suxerencias sobre a quen podemos invitar as “Charlas de expertos” e temas sobre os que nos gustaría que nos falaran.”
-        “Rede galega de prevención e atención temperá”: Coordinación dos servizos educativos, médicos e sociais (FOANPAS).
-        Proposta de grupos ou talleres sobre temas que nos interesan: programas de hhss ante os problemas de conduta, educación emocional, informes de orientación escolar, programas específicos personalizados, etc.
-        “Mercado de orientación escolar”. Nesta sección cada orientador/a escolar intercambiamos as cousas dos nosos departamentos: preguntas, dúbidas, experiencias didácticas, libros, vídeos, blogs, cursos, charlas e congresos interesantes. Por exemplo, falareivos do libro "Fracaso escolar".
-        Mais temas… (escribide novas propostas).

Un saúdo moi cordial da directiva da
ASOCIACIÓN   EDUCATIVA DE ORIENTACIÓN ESCOLAR “FARO DAS CÍES”

Presentación de Adolfo Piñon Blanco

O prometido é débeda; aquí está a presentación que Paulino fixo a Adolfo Piñon cando nos deu a charla:

PRESENTACIÓN DE ADOLFO PIÑÓN BLANCO
Moi boas tardes.
Primeiro de todo recibide un saúdo e unha afectuosa benvida dos meus compañeiros e compañeiras da Asociación Educativa de Orientación Escolar "Faro das Cíes" por acercarvos á charla desta tarde co noso invitado, Adolfo Piñón Blanco.
Un servidor, Paulino, aproveito a ocasión para comentarvos que a nosa  Asociación  inicia o seu 4º curso escolar como asociación sen ánimo de lucro no que Orientadores e Orientadoras Escolares dos Colexios Públicos de Infantil e Primaria da Comarca de Vigo; na que coa nosa aportación económica, adicando algún tempo persoal e unha morea enorme de ilusión por mellorar no noso traballo realizamos actividades,  como a de ter o enorme pracer de contar para esta lección maxistral de inicio de curso, ó mellor estilo universitario,  cun xoven i experimentado neuropsicólogo Adolfo Piñón Blanco,  que de xeito desinteresado fixo un hoco na súa axenda para compartir esta tarde con todos e todas nós.
Permitídeme que faga unha pequena presentación do invitado desta tarde, invitado que tamén podedes coñecer visitando o seu blog: www. adolfopb.com no que nos acerca a neuropsicoloxía á vida cotiá. 
Adolfo é un neuropsicólogo cunha particularidade moi especial que é o seu carácter investigador e creador , ademais dun dinamismo e actividade que vos vai conquistar esta tarde. E dígovos conquistarvos a vós;  porque a min foime conquistando nas veces que tiven  o pracer de escoitalo.
En poucas palabras contarvos que coñecino nas xornadas que o Plan Local de Drogodependencias de Vigo organiza anualmente, no que o centro Cedro, onde colabora Adolfo, presentounos xunto cos seus colaboradores e a Universidade de Granada a súa propia Batería Neuropsicolóxica para a Rehabilitación Cognitiva en Drogodependentes da que está obtendo resultados prácticos moi positivos nos seus pacientes. A creación desta batería da proba da súa iniciativa investigadora.
E, por outra banda, a creación de Xogos Terapéuticos como Trisquel e o Memodado  que utiliza na dinámica de grupos cos seus xóvenes pacientes amósanos a súa capacidade creadora
Cada vez que o escoitaba falando de rehabilitación cognitiva, funcións executivas, condutas, atención, memoria e o domino das emocións, pensaba para min; cantas destas ideas serían aproveitables nas nosas escolas!
E estando na procura da aplicación das investigacións neuropsicolóxicas nas escolas; aconteceu que  moitos dos meus compañeiros e compañeiras aquí  presentes fomos un sábado a unhas Xornadas Educativas en Sanxenxo que organizaba o Policlínico Ebam; e resulta que vexo a Adolfo falando con relatores e a xente da organización; anda!, pois resulta que Adolfo tamén colabora con este centro e atende a nenos e nenas que coas súas familias visitan a clínica para atopar solucións as súas dificultades de aprendizaxe.
Alí mesmo,  xa o asaltamos e arrincámoslle o compromiso de vir esta tarde a estar connosco, cousa que xa vedes que está cumprindo.
Adolfo é dos relatores que nos vai encantar porque está moi conectado na práctica diaria coa resolución das diversas Dificultades de Aprendizaxe que a cotío demándanlle  os seus pacientes;  e sen máis demora, démoslle un  aplauso de benvida a Adolfo Piñon Blanco e disfrutemos do seu maxisterio.
Moitas grazas, Adolfo

miércoles, 30 de octubre de 2013

Novas solucións para a dislexia

CONFERENCIA DE INTERESE PARA ORIENTADORES, MESTRES, PAIS


Data: mércores 13 de novembro ás 18,45 horas.
Lugar: Auditorio Municipal de Vigo. Praza do Rei, Concello de Vigo
Conferenciante: Luz Rello. "Premio Invesigador Europeo Joven 2013". Creadora de aplicacións gratuitas para mellorar a dislexia que están a ser presentadas en medio mundo e con demostrados beneficios.
Tema: “Novas solucións para a dislexia”.
Organiza: A.D.A.H. Asociación para el Déficit de Atención, Hiperactividad y la Dislexia
Entrada: Libre


domingo, 6 de octubre de 2013

Charla de Adolfo Piñon

O Xoves tivemos a charla-coloquio de Adolfo Piñon que resultou moi interesante. O resumo da charla podedes velo picando da foto



jueves, 26 de septiembre de 2013

Charla-coloquio. Adolfo Piñon Blanco

Charla-coloquio de interese para o profesorado

Data: xoves 3 de outubro de 18.30 a 20.00 horas.
Lugar: C.E.I.P. Otero Pedrayo (Vigo).
Persoa invitada: Adolfo Piñón Blanco. Neuropsicólogo. Desenvolve o seu labor na Policlínica Ebam e no centro CEDRO de Vigo. Creador de material de exploración psicolóxica e de intervención educativa. Visita a sú páxina web: www.adolfopb.com.
Tema: “Neuropsicoploxía aplicada na escola”.
O invitado pretende amosarnos dun xeito moi dinámico e práctico as solucións ós Trastornos Específicos de Aprendizaxe: Lecto-Escritura, Cálculo, Dislexia, Memoria operativa, Trastorno de Atención e Hiperactivi-dade e as Funcións Executivas. Adiantaranos algo do Manual sobre Dificultades de Aprendizaxe que están elaborando no Policlínico Ebam.


viernes, 26 de abril de 2013

Exploración e intervención baseada na teoría PASS co uso da batería DN-CAST

Data: O xoves 2 de maio de 18.00 a 19.30 horas.

Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo

Invitada: Silvia Caride López.
“É profesora de Educación Infantil e Orientadora. Viguesa do ano 1977, é Psicopedagoga, ademais de experta en Alteracións de Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica e ten realizado estudos de Diagnóstico e Intervención Neuropsicopedagóxica.”
Autora do libro:”Por que non aprendo?”. As dificultades de aprendizaxe. Como podo axudar o meu fillo/a. Editorial Galaxia. Vigo, 2010

Tema: “Exploración e intervención baseada na teoría PASS co uso da batería DN-CAST.”
Como comenta no seu libro:”Esta proba non é moi coñecida no noso país, pero cada vez son máis os profesionais que se suman a esta maneira de concebir a intelixencia como un continuo dinámico que pode ser adestrado e modificado.”

(Agradecemos a Celia Ledo a xestión realizada)
Un saúdo cordial da directiva da
ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR “FARO DAS CÍES

lunes, 4 de marzo de 2013

Charla da psiquiatra Belén Martínez

Data: O xoves 7 de marzo de 17.30 a 19.00 horas.

Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo

Invitada: Belén Martínez. Psiquiatra no Hospital Psiquiátrico Infanto-Juvenil Nicolás Peña (Vigo).

Formato
 Pequena exposición.
Nós temos que contarlle casos de nenos/as "raros" nos que temos moitas dúbidas sobre o seu diagnóstico.

(Agradecemos a Fernando Machado a xestión realizada)

lunes, 4 de febrero de 2013

Educación Emocional

Data: O xoves 7 de febreiro de 17.00 a 18.30 horas.
Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo

Tema: " Programas de Educación Emocional."
Formato da charla -coloquio:
De 17.00 a 17.30 horas:
Fernando Eguino Miguélez. Diplomado en Magisterio y Licenciado en Psicología. Postgrado en Terapia Familar. Con más de 10 años de experiencia en Educación y Psicología Clínica. PROGRAMA: ¿Que es la Educación Emocional y Social?
Beneficios de la implementación de un programa de Educación Emocional y Social en un Centro Educativo.Ejemplos de Programas.

De 17.30 a 18.00 horas:
Rosa Calvo Srantes. Profesora de Pedagoxía Terapéutica no C.E.I.P. De Candeán. Expón o programa: "Apoio na acción titorial"

De 18.00 a 18.30 horas. Coloquio e quenda de preguntas ós dous relatores

Agradecemos a Celia Ledo e a Puri a xestión realizada na invitación dos relatores.

lunes, 21 de enero de 2013

Altas Capacidades

O día 10 deunos unha charla Eladio Ferro  responsable do alumnado de Altas Capacidades no Equipo de Orientación Específico de Pontevedra.



Como sempre con Eladio aprendemos moitas cousas sobre altas capacidades por iso estámoslle moi agradecidos. 

O resumo da charla é: 
  • Discutimos as diferentes definicións das altas capacidades
  • As clasificamos
    • Superdotación
    • Talento
      • Simple
        • Creativo
        • Lóxico
        • Matemático
        • Verbal
        • Social
        • Deportivo
      • Complexos
        • Académico
        • Artístico-figurativo
    • Precocidade
  • Cómo os detectamos
    • Sistematización
      • Protocolo
    • Detección
      • Podería ser no último ano de E.I
      • Mediante screening
      • Mediante diferentes cuestionarios tanto para profesores como para pais
    • Identificación
      • Probas de intelixencia (convén pasar dúas)
      • Creatividade
  • Que medimos na creatividade
    • Fluidez. (Moitas ideas sobre un tema)
    • Flexibilidade (Ver as cousas dende diferentes puntos de vista)
    • Orixinalidade (Rareza nas respostas)
    • Elaboración (Moitos matices nas respostas)
    • Inside (a chispa)