sábado, 7 de enero de 2012

Pais dun neno autista imputados

Os pais dun neno de Palencia con autismo denunciaron a Xunta de Castela e León por «vulnerar» os dereitos do seu fillo, ao obrigalos a escolarizalo nun centro de educación especial, e reclamaron á Administración o seu dereito a decidir sobre a educación do seu fillo e a elixir unha educación «inclusiva» que non o discrimine.

Os pais do neno, de oito anos, foron imputados xudicialmente por un suposto delito de abandono de familia ao negarse a levar o seu fillo a un centro de educación especial, tal como ordena a Inspección Educativa. O auto ten sido recorrido no Xulgado.


http://pordereito.blogspot.com/
Mais sobre esta noticia no:
MUNDO
EL NORTE DE CASTILLA
ABC

No hay comentarios: