jueves, 19 de enero de 2012

Maltrato infantil e indicadores de risco

Relatora : Dr. Mercedes Espinosa (Pediatra no Centro de Saúde de Sárdoma-Moledo). Realizou unha investigación e publicou un libro sobre maltrato a muller.


Temas a tratar: “Información e coordinación cos Departamentos de Orientación Escolar. Follas de derivación. Detección a través das entrevistas do maltrato infantil e indicadores de risco.”

Data: O xoves 2 de febreiro 17.00 a 19.00 horas.

Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo (No vial que sube á Universidade dende Pereiro a 3ª rotonda á dereita onde está a gasolineira, en frente está o colexio. Preto do novo hospital).

http://www.agamfec.com/pdf/CADERNOS/VOL15/01_Editorial_N15_1.pdf
http://www.apfcib.org/pdf/libro_estas_pola_solucion.pdf

Recibide un cordial saúdo da directiva da
ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESOLAR “FARO DAS CÍES”
http://www.orientavigo.blogspot.com/.
orientavigo@gmail.com

sábado, 7 de enero de 2012

Pais dun neno autista imputados

Os pais dun neno de Palencia con autismo denunciaron a Xunta de Castela e León por «vulnerar» os dereitos do seu fillo, ao obrigalos a escolarizalo nun centro de educación especial, e reclamaron á Administración o seu dereito a decidir sobre a educación do seu fillo e a elixir unha educación «inclusiva» que non o discrimine.

Os pais do neno, de oito anos, foron imputados xudicialmente por un suposto delito de abandono de familia ao negarse a levar o seu fillo a un centro de educación especial, tal como ordena a Inspección Educativa. O auto ten sido recorrido no Xulgado.


http://pordereito.blogspot.com/
Mais sobre esta noticia no:
MUNDO
EL NORTE DE CASTILLA
ABC