CONVOCATORIA: ASEMBLEA XERAL
DATA: XOVES 29 DE SETEMBRO DE 18.00 A 20.00 H.
LUGAR: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo (Vigo) No vial que sube á Universidade dende Pereiró, a 3ª rotonda á dereita onde está a gasolineira, en fronte está o colexio)
ORDE DO DÍA:
1ª Parte formativa. CHARLA ENTRE ORIENTADORES/AS
Título: “Como elaborar unha Adpatación Curricular Significativa segundo as competencias básicas”.
Relatores: Carmina ( Orientadora C.E.I.P. Souto Donas. Gondomar)
e Chiño (Orientador C.E.I.P. Castrillón. Cangas).
2ª Parte. XESTIÓN DA ASOCIACIÓN
Orde do Día:
1. Aprobación dos seguintes arquivos adxuntos:
- Asemblea Xeral. Acta 5.
- Carta que se enviará a Consellería de Educación.
- Carta que se enviará as Universidades.
2. A Tesoreira informa . Para o novo curso 11-12 continuamos coa mesma cuota anual de 10 euros na conta: 20800104930040020052.
3. Lista e recomendación de Gabinetes Psicopedagóxicos. De xeito oral comentaremos as boas prácticas ou experiencias nos diferentes gabinetes.
4. Charlas entre orientadores/as escolares.
Proposta 1: Realización de Plans Comunitarios nos Concellos. (Bueu). Compromiso co Servizo Social de Vigo para realizalo no curso 11-12. Coordinación dos servizos educativos, sociais, médicos e xurídicos.
Proposta 2: “Diagnóstico e intervención psicoeducativa no 1º ciclo de Primaria”. Precisamos relatores para esta proposta.
5. Charlas con expertos.
6. MÁIS TEMAS ...
Un saúdo moi cordial da
DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR “FARO DAS CÍES”.
Adivina tu futuro con las bolas de las palabras
Hace 8 horas
1 comentario:
Noraboa por estas charlas tan significativas para a mellora da calidade da actuación dos Equipos de Orientación. .....e grazas por compartir cos PT, tamén esta información, pois deso se trata, de ser un EQUIPO. ´Saúdos de Adelaida
Publicar un comentario