Este é o blog da asociación de orientadores escolares de Infantil e Primaria:"Faro das Cíes" e pretendemos: Favorecer o coñecemento, comunicación e cooperación entre os orientadores escolares da zona, intercambiar experiencias e materiais
Mª Luisa Pérez explícounos a experiencia do seu colexio. Instrúen ao alumnos, alumnas de 5º nivel. Envían carta de autorización familiar para estos alumnos. Realizan o taller de preparación de mediadores no 3º trimestre é 1 día da semana durante dous meses. Teñen cadernos de mediadores que tratan os temas: - Mediación fases - Cualidades que temos que ter para ser mediadores - Práctica de supostos - Elaboración de carteis, presentacións. Comenzarán a mediar no patio cando estean en 6º nivel de Educación primaria. Utilizan tarxetas identificativas no patio . sinalou este libros : "Tiempo de Mediación" Mª Carmen Boqué. " Mediación en la práctica" CEAPA " Como poner en marcha un proceso de mediación" buscar na páxina de educación do Pais Vasco Documentos sobre "Tiempo de Mediación" na páxina do CEFIRE Valencia
Como sempre Arcadio non deixou a ninguén indiferente.
Charla impresionante onde todos e todas pensabamos que sabiamos moito de novas tecnoloxías e fíxonos ver que estamos aínda en cueiros.
Este é o seu Symbaloo
A Asociación Educativa de Orientación Escolar “Faro das Cíes” organiza unha charla-coloquio para os especialistas en Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Orientadores/as Escolares.
Arcadio Rodríguez Vázquez, na actualidade orientador escolar no CEE Saladino Cortizo (Vigo) e cunha traxectoria profesional moi ampla e de calidade na atención ó alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).
A Asociación Educativa de Orientación Escolar
“Faro das Cíes” organiza unha charla
destinada a todos o profesorado sobre “O
alumnado con Trastorno Específico da Linguaxe”
Mónica
Vilamea Pérez: Logopeda infantil. Imparte docencia no
Grado de Logopedia e no Master sobre a linguaxe,
comunicación e patoloxías na Universidade de A Coruña.
Belén
Vidal Porto: Orientadora Escolar e Logopeda Infantil
con experiencia nos trastornos da linguaxe oral e escrito.
O xoves 9 de abril, ás 5.30 h. no Ceip Celso Emilio Ferreiro ( Vigo) teremos unha nova sesión de formación. Nesta ocasión contamos coa presencia de Rober Maquieira como relator. Rober Maquieira é un compañeiro orientador que coñecemos por ter participado como ponente en xornadas de formación do Cafi, organizar os encontros de Orientadores e especialmente por xestionar un foro: Orientadores.es, que todos coñecemos e do que aprendemos moitísimo. Aceptou estar con nós para falarnos das habilidades visoauditivas ( a nivel de avaliación e de intervención). Coidamos que é un tema que nos interesa moito e no que Rober ten moita formación.
DATA: O xoves día 9 de abril HORA: 17,30 horas LUGAR: Cep Celso Emillio Ferreiro ( Coia - Vigo). Rúa Porriño PONENTE: Roberto Maquieira, orientador educativo. TEMA: Avaliación e intervención nas habilidades visoauditivas
A escola é a que debe
adaptarse e dar resposta ás necesidades especiais do neno e non á inversa.
Entre as razón polas que debemos pedir una escola inclusiva están:
Posibilitar que o
neno poida participar activamente dun maior número de atarefas.
Facilitar a tarefa da
mestra titora, liberándoa en determinados momentos, apoiándoa en situación
disruptivas e problemas de comportamento.
Axudar aos alumnos/as
con dificultades de comunicación dentro do grupo.
Intentar posibilitar
un maior número de intervencións cos compañeiros, fomentando así a seguridade
do neno/a.
2.- Consideracións previas que hai que ter en conta para
que o PT poida traballar dentro da aula.
Contexto legal: Orde do 27
de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a
escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino
non universitario con necesidades educativas especiais.
Artigo 19°.-Intervencións específicas.As intervencións específicas que sexan
precisas por parte dos profesores especialistas de pedagoxía terapéutica ou de
audición e linguaxe serán propostas e deseñadas polo departamento de
orientación, do que forman parte, en colaboración co titor do grupo ó que pertence
o alumno. Tales actuacións levaranse a cabo normalmente dentro da aula, xunto
do resto do alumnado dese grupo, e só poderán levarse fóra dela en casos
excepcionais que estean debidamente previstos nas adaptacións curriculares e
durante un tempo que non excederá a terceira parte da xornada escolar.
Contexto do centro
Nº
de alumnos do centro
Nº
de alumnos por aula
Qué
tipo de alumnos hai con necesidades educativas.
Composición do claustro e
ambiente de traballo
Coñecer os documentos do
centro
Avaliar a participación dos
pais
Microclima de relacións
Contar co apoio do Equipo
Directivo e o Departamento de Orientación
Explicar e convencer ao
claustro
Relación de confianza e
colaboración coas titoras
PT ten que ser percibido
como unha axuda, tanto para os nenos con necesidades como para o titor/a.
PT debe colaborar co
profesor titor.
3.- Protocolo de intervención
Debe estar definido
claramente polo Departamento de Orientación. Unha vez avaliado o alumno/a e
definida a intervención, establécese un horario e un Plan de Actuación
Individual co neno (PAI)
Os primeiros días son
de observación e despois farase una entrevista cos país, explicándolles o
traballo que se vai desenvolver co seu fillo/a e dándolle pautas e pequeñas
tarefas para casa.
Debe haber tamén una
coordinación cos servizos externos, tanto médicos como cos gabinetes.
4.- Microclima dentro da aula
A entrada do PT na
aula, non debe alterar moito o ritmo da clase.
Debe ter a confianza
dos nenos da aula.
Pode compartir coas
titoras determinadas tarefas docentes.
Poden funcionar ben
as actividades de anticipación (Explicarlles o que van a traballar ao día
seguinte na aula)
Débese levar un
rexistro do que está pasando cos alumnos cada día.
5.- Actitude dun profesor de PT
O mestre de PT debe
ter una actitude de respeto. Debe entender as súas diferencias e creer no
alumno/a.
Debe establecer un
nivel de esixencia acorde coas posibilidades do alumno/a.
Debe marcar unhas
normas e pautas claras a respectar en todo momento. Ser xusto e previsible á
hora de poner un castigo.
Debe establecer
relacións de cercanía (c/ sentido do humor).
Interesarse polo
estado emocional do neno/a. Implicarse emocionalmente, saber cales son as súas
inquedanzas.
Debe ensinar
modelando, e recurrir a varias vías sensoriais (caixón de area, separar
palabras dando saltos,utilizar materiais manipulables,…)
Revisar a orde no
pupitre, da mochila,… Control da axenda escolar. Revisar o traballo nas
libretas.
A Asociación Educativa de Orientación Escolar “Faro das Cíes” organiza unha charla destinada a Orientadores/as e aos especialistas de PT e AL
DATA: O vindeiro mércores día 25 de febreiro HORA: De 17 horas a 18,30 horas LUGAR: Cep Celso Emillio Ferreiro ( Coia - Vigo). Rúa Porriño CONFERENCIANTE: Luis Viñas García, que é mestre de PT no Ceip Parroco Don Camilo de Vigo e que fai todos os apoios dentro das aulas ordinarias. Contarános a súa experiencia, as condicións que permiten que faga o seu traballo, as dificultades que atopa,etc. Están invitados os PT e AL dos nosos centros, xa que é un tema do seu interese e ademáis poden aportar ideas, porque o plantexamento desta sesión e compatir non só con Luis, senon con todos os asistentes á charla para poder recoller cantas máis experiencias mellor.