O xoves 20 de febreiro dentro da programación anual da nosa asociación de orientadores e orientadoras da comarca de Vigo tivemos unha charla no CEIP Pintor Laxeiro en VIGO, sobre os Trastornos da Linguaxe en particular sobre o TEL impartida por María Rodríguez. Logopeda.
María explico que o Trastorno EspecífIco da Linguaxe está encadrado dentro dos trastornos do neurodesarrollo. É os síntomas principais son as dificultades persistentes para adquirir e usar a linguaxe, debido a deficiencias na comprensión ou expresión, que inclúe: vocabulario reducido, estrutura gramatical limitada, deterioro do discurso,o ínicio dos síntomas prodúcese nas primeiras fase do desenvolvemento, capacidades da linguaxe menores das esperadas para a súa idade e limitacións funcionais na comunicación eficaz, na participación social,nos logros académicos.
Sinalou os criterios de exclusión para este Trastorno específico da Linguaxe Como:
Discapacidade Intelectual
Lesión ou dano neurolóxico
TEA
Xordeira
así como a Cormobilidade que presenta con outros trastornos como:
Trastorno de Déficit de atención con/ou Hiperactividade
Dislexia
Trastorno do procesamento auditivo.
María deixounos unha presentación de todo o exposto na charla.
Índice da presentación:
1- Definición TEL
2- Síntomas Principais
3- Signos Temperás de alerta
4- Características da linguaxe nos nenos, nenas con TEL entre 3-5 anos
5- Diagnóstico diferencial :
TEL vs TEA ;
Trastorno pragmático da Linguaxe e da comunicación (TPL) vs TEA;
TPL vs Asperger
6- Repercusións académicas
7- Repercusións Sociais
8- Pautas para a aula
9- Recursos
enlace para a súa descarga
Moitas Grazas María pola exposición que fixeches do tema e compartir connosco esta presentación.