Ante as diferentes Dificultades de Aprendizaxe coas que o neno/a acude ó Centro fanlle unha exploración e diagnóstico onde ademais de coñecer os síntomas que manifesta o neno/a describen as FERRAMENTAS NEUROLÓXICAS que non foron ben desenvoltas no crecemento e que estan ocasionando esas Dificultades de Aprendizaxe.
Seguindo a "Escala de desarrollo de la inteligencia del niño" exploran os diferentes "Reflejos Primitivos" que non se devolveron no crecimento do neno /a.
Logo realizan a terapia en función dese diagnóstico. Un dos métodos que utilizan na reeducación é o método de Glenn Doman.
Ademáis de coñecer o seu funcionamento intercambiamos opinións sobre o desenvolvemento neurofuncional do alumnado e a súa influencia na educación.
Por último, incidimos na importancia da implicación das familias nas diferentes terapias en particular e na educación en xeral.
Agradecerlles a súa acollida e complicidade.