martes, 13 de noviembre de 2012

Resumo da charla de Manuel Rey


Resumo da charla de Manuel Rey FernándezResponsable da Asesoría de Atención á Diversidade e Orientación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


O PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (PXAD)
Faro das Cíes: 08-11-2012

O Plan Xeral de Atención á Diversidade (PXAD): 

1. Finalidade:
§ Que cada centro concrete as actuacións e medidas de atención á diversidade para adecuar a resposta educativa ás necesidades da totalidade do seu alumnado.
§ Facer reais a prevención e a atención temperá.
§  Aportar:
o  Sistematización (importan os proxectos no tempo).
o   Autonomía do centro (cada centro decide).
o   Visibilidade (coñecido por toda a comunidade educativa).

2.   Contido:
§Os mínimos figuran no artigo 12 do decreto 229/2011:
o  Xustificación baseada no contexto.
o   Identificación e valoración das necesidades.
o  Determinación dos obxectivos
o   Descrición das actuacións, medidas e/ou programas para a atención á diversidade.
o   Determinación dos criterios para a organización e distribución dos recursos e a aplicación das medidas propostas.
o   Concreción das actuacións dos distintos profesionais en relación ás medidas deseñadas para o centro.
o   Mecanismos de coordinación e colaboración internos así como con outras etapas educativas e cos centros adscritos ou de adscrición.
o   Canles de colaboración coas nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado e cos diferentes servizos externos ao centro.
o   Protocolos para a solicitude e/ou autorización das medidas extraordinarias.
o   Procesos de seguimento, avaliación e mellora do plan.
§  O que importa é un PXAD do centro e para o centro.
3.    Elaboración:
§Directrices da CCP.
§  Achegas dos distintos departamentos e equipos do centro.
§  Elaboración da proposta de PXAD polo departamento de orientación.
§  Presentación ao claustro, para a súa aprobación e traslado ao CE.
§  Aprobación polo CE e integración no PE.
Anualmente: o DO elabora a concreción do PXAD e incorpórase á PXA.