domingo, 19 de septiembre de 2010

CIRCULAR 10/2010 DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN

Como sabedes xa sabedes publicouse a Circular de Orientación para este curso, onde se dan as instruccións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de Orientación Educativa.

https://docs.google.com/fileview?id=0B7smUzpRc-bxMTM5MDJjYzgtZDBjZC00YzYwLWE5MzgtYzM1Zjc2OWFjOWIx&hl=es&authkey=CJrCk8oB

Creouse no foro unha entrada para comentar a Circular

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Formación

Este ano as diferentes actividades de formación para Orientadores na zona de Vigo son:
As actividades dos Servizos Centrais son:
Podedes ver todas as actividades de formación para Orientadores no enlace:
https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do

sábado, 4 de septiembre de 2010

Comenza o curso

Un novo curso comenza e parece ser que Paulino leva moi avanzado todolos trámites burocráticos sobre a nova Asociación.
Recordamos algúns aspectos legais sobre a Orientación:
Orde Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998

Artigo 9º.-Composición do Departamento de Orientación.

O departamento de orientación dos colexios de educación infantil e primaria e dos colexios de educación primaria terá a composición establecida no artigo 4 do Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo do establecido no segundo parágrafo do apartado tres do artigo 3º da presente orde.
a) O xefe do departamento de orientación, que será un funcionario ou funcionaria do corpo de mestres, preferentemente en posesión da titulación do título de doutor ou licenciado en psicopedagoxía, ou en psicoloxía, ou en filosofía e ciencias da educación (especialidades de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidades de pedagoxía ou psicoloxía)
b) O profesor ou profesora de pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe, que exercen a función de apoio á atención do alumnado con necesidades educativas especiais.
c) Os coordinadores de ciclo e, se é o caso, un mestre de educación infantil, designado pola dirección, por proposta da comisión de coordinación pedagóxica.
d) O mestre responsable ou o director dos colexios incompletos da zona de escolarización que se determinen.

Artigo 10º.-Funcións do Departamento de Orientación.

Son competencia do departamento de orientación dos colexios de educación infantil e primaria e de educación primaria as funcións seguintes:
a) Valora-las necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.
b) De acordo coas directrices establecidas no plan de orientación deseñado conforme o que se establece no artigo 13º da presente orde e da comisión de coordinación pedagóxica do centro, elabora-las propostas do plan de orientación académica e do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico para o desenvolvemento deste plan.
c) Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alum nado e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.
d) Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de sobredotación que presenten os alumnos e alumnas.
e) Participar na avaliación psicopedagóxica conforme a normativa ó respecto e participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.
f) Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida enfrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa ou a resolución de conflictos de relación interpersoal.
g) Impulsa-la participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos ou en calquera outro relacionado co seu ámbito de actuación.
h) Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención.
i) Co obxecto de potenciar estratexias de actuación conxuntas, promove-la cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos: estimulación da motivación e intereses; adquisición de hábitos de hixiene e de autonomía; desenvolvemento motriz e da linguaxe; relacións interpersoais e aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado.
l) Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións no ámbito das súas competencias.
m) Aqueloutras que a Administración educativa lle puidese encomendar no ámbito das súas funcións.

Artigo 11º.-Funcións da xefatura do departamento.

1. Sen prexuízo do establecido no Decreto 374/1996, do 17 de outubro, do regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, os xefes ou xefas dos departamentos de orientación dos ditos centros terán as seguintes funcións:
a) Dirixir e coordina-las actividades e actuacións propias do departamento de orientación.
b) Responsabilizarse da redacción do plan anual de actividades do departamento, velar polo seu cumprimento e elabora-la memoria final de curso.
c) Representa-lo departamento na comisión de coordinación pedagóxica.
d) Convocar e presidi-las reunións ordinarias do departamento e as que con carácter extraordinario fose preciso celebrar, levantando a acta correspondente.
e) Asistir ás reunións convocadas polo xefe ou xefa do departamento de orientación do instituto de educación secundaria ó que está adscrito.
f) Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso.
g) Coordina-la organización de espacios e instalacións para a orientación, así como a adquisición de material e de equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación.
h) Realiza-las avaliacións psicopedagóxicas, no caso de estar en posesión das titulacións que se indican no artigo 4 a) do Decreto 120/1998, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade conforme o procedemento e os criterios establecidos no proxecto curricular do centro e responsabilizarse da elaboración do informe psicopedagóxico.
i) Coordinar, en colaboración cos profesores ou profesoras de apoio, a atención do alumnado con necesidades educativas especiais, elevando ó xefe de estudios, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado.
l) Participar nas sesións de avaliación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de actuacións conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas.
m) Aqueloutras funcións que a Administración educativa lle poida asignar referidas á orientación.
2. A participación do xefe do departamento de orientación nas sesións de avaliación responderá ás súas competencias de asesoramento e apoio ó profesorado e asistirá a elas con voz e sen voto.