A Consellería convocou a todos os orientadores e orientadoras de Galicia a unhas
xornadas e Santiago.
A xornada foi moi dura, pola mañá dende as 9,30 horas ata as 14 e pola tarde dende as 16 horas ata as 20, pero a pesar da enchenta cremos que foron unhas xornadas moi positivas.
Despois da inauguración das xornadas polo Director Xeral de Educación, Pilar Carballo, pedagoga do CRE da Once de Pontevedra, falounos do "
diagnóstico e a atención do alumnado con discapacidade visual"
Unha vez retomado forzas cun cafeciño voltamos ao traballo e Manuel Ojea, doutor en psicopedagoxía, púxonos ao tanto sobre como
identificar e tratar educativamente ao alumnado con síndrome de Asperger
Cominos e descansamos no Monte do Gozo e rapidamente voltamos ao traballo onde aprendimos moitas cousas sobre a
discapacidade auditiva.
Serafín Gala, especialista en discapacidades sensoriais do EOE da Coruña, falounos da detección precoz e do diagnóstico do alumnado con discapacidade auditiva, mentras que Fátima María García, directora do CEE manuel López(antigo CEE de Xordos), púxonos ao día sobre os recursos e as tecnoloxías para traballar con estes nenos e nenas.
Por último, Manuel Rey, asesor de orientación da Consellería de Educación, informounos de que a partir do día 10 de xuño teremos que cubrir unha aplicación informática para a recollida de datos relacionados co noso traballo, asunto que suscitou unha grande polémica entre os asistentes xa que moitos expresaron que é unha nova carga burocrática e que non se recolle moitos dos aspectos que traballamos no noso traballo diario.
Clausurou a xornada o Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa José Graña