jueves, 13 de febrero de 2014

Charla sobre conducta

Data:O vindeiro  xoves, 27 de febreiro, ás 6 da tarde.

Lugar: C.E.I.P. Alexandre Bóveda en Chapela. No barrio de Angorén na Carretera Nacional 552. Se vides pola autopista, na saída de Chapela xa vos leva a carretera Nacional 552, xirar a esquerda e seguir ata pasar o Faro de Vigo.

Persoa Invitada: Enrique Abalo, especialista en conduta do Equipo de Orientación Específico de Pontevedra.

Temos previsto tratar estes temas:
  • Coordinación entre os DO dos coles e os EOE en canto a conduta. Protocolo. Cando chamar. Que información ter recollida...
  • Que nos pode aportar o EOE? Ferramentas para o diagnóstico diferenciado , programas de intervención, boas prácticas que se leven a cabo nos coles...
  • Plans de convivencia que estean funcionando en canto a conduta.
  • Bibliografía recomendada para os DO.
Agradecer a Maite, Orientadora Escolar do C.E.I.P. Alexandre Bóveda de Chapela, realizou as oportunas xestións para traer ó invitado desta tarde. Se hai un tema de moito interese nos centros é a CONDUCTA. Moitas grazas, Maite.

domingo, 3 de noviembre de 2013

Reunión

Xefe/a do Departamento de Orientación Escolar:
A Asociación Educativa de Orientación Escolar “Faro das Cíes” abrangue os Colexios de Infantil e Primaria da Comarca de Vigo polo que invitámoste a coñecernos e unirte a nós na reunión que celebraremos o:
Data: xoves 7 de novembro de 18.30 a 20.00 horas.
Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo
Orde do día:
-        Elaborar a lista de asociados/as 13-14. (foto carnet e colexio para coñecernos mellor)
-        Elaborar a lista de colaboradores/as da asociación.
-        Suxerencias sobre a quen podemos invitar as “Charlas de expertos” e temas sobre os que nos gustaría que nos falaran.”
-        “Rede galega de prevención e atención temperá”: Coordinación dos servizos educativos, médicos e sociais (FOANPAS).
-        Proposta de grupos ou talleres sobre temas que nos interesan: programas de hhss ante os problemas de conduta, educación emocional, informes de orientación escolar, programas específicos personalizados, etc.
-        “Mercado de orientación escolar”. Nesta sección cada orientador/a escolar intercambiamos as cousas dos nosos departamentos: preguntas, dúbidas, experiencias didácticas, libros, vídeos, blogs, cursos, charlas e congresos interesantes. Por exemplo, falareivos do libro "Fracaso escolar".
-        Mais temas… (escribide novas propostas).

Un saúdo moi cordial da directiva da
ASOCIACIÓN   EDUCATIVA DE ORIENTACIÓN ESCOLAR “FARO DAS CÍES”

Presentación de Adolfo Piñon Blanco

O prometido é débeda; aquí está a presentación que Paulino fixo a Adolfo Piñon cando nos deu a charla:

PRESENTACIÓN DE ADOLFO PIÑÓN BLANCO
Moi boas tardes.
Primeiro de todo recibide un saúdo e unha afectuosa benvida dos meus compañeiros e compañeiras da Asociación Educativa de Orientación Escolar "Faro das Cíes" por acercarvos á charla desta tarde co noso invitado, Adolfo Piñón Blanco.
Un servidor, Paulino, aproveito a ocasión para comentarvos que a nosa  Asociación  inicia o seu 4º curso escolar como asociación sen ánimo de lucro no que Orientadores e Orientadoras Escolares dos Colexios Públicos de Infantil e Primaria da Comarca de Vigo; na que coa nosa aportación económica, adicando algún tempo persoal e unha morea enorme de ilusión por mellorar no noso traballo realizamos actividades,  como a de ter o enorme pracer de contar para esta lección maxistral de inicio de curso, ó mellor estilo universitario,  cun xoven i experimentado neuropsicólogo Adolfo Piñón Blanco,  que de xeito desinteresado fixo un hoco na súa axenda para compartir esta tarde con todos e todas nós.
Permitídeme que faga unha pequena presentación do invitado desta tarde, invitado que tamén podedes coñecer visitando o seu blog: www. adolfopb.com no que nos acerca a neuropsicoloxía á vida cotiá. 
Adolfo é un neuropsicólogo cunha particularidade moi especial que é o seu carácter investigador e creador , ademais dun dinamismo e actividade que vos vai conquistar esta tarde. E dígovos conquistarvos a vós;  porque a min foime conquistando nas veces que tiven  o pracer de escoitalo.
En poucas palabras contarvos que coñecino nas xornadas que o Plan Local de Drogodependencias de Vigo organiza anualmente, no que o centro Cedro, onde colabora Adolfo, presentounos xunto cos seus colaboradores e a Universidade de Granada a súa propia Batería Neuropsicolóxica para a Rehabilitación Cognitiva en Drogodependentes da que está obtendo resultados prácticos moi positivos nos seus pacientes. A creación desta batería da proba da súa iniciativa investigadora.
E, por outra banda, a creación de Xogos Terapéuticos como Trisquel e o Memodado  que utiliza na dinámica de grupos cos seus xóvenes pacientes amósanos a súa capacidade creadora. 
Cada vez que o escoitaba falando de rehabilitación cognitiva, funcións executivas, condutas, atención, memoria e o domino das emocións, pensaba para min; cantas destas ideas serían aproveitables nas nosas escolas!
E estando na procura da aplicación das investigacións neuropsicolóxicas nas escolas; aconteceu que  moitos dos meus compañeiros e compañeiras aquí  presentes fomos un sábado a unhas Xornadas Educativas en Sanxenxo que organizaba o Policlínico Ebam; e resulta que vexo a Adolfo falando con relatores e a xente da organización; anda!, pois resulta que Adolfo tamén colabora con este centro e atende a nenos e nenas que coas súas familias visitan a clínica para atopar solucións as súas dificultades de aprendizaxe.
Alí mesmo,  xa o asaltamos e arrincámoslle o compromiso de vir esta tarde a estar connosco, cousa que xa vedes que está cumprindo.
Adolfo é dos relatores que nos vai encantar porque está moi conectado na práctica diaria coa resolución das diversas Dificultades de Aprendizaxe que a cotío demándanlle  os seus pacientes;  e sen máis demora, démoslle un  aplauso de benvida a Adolfo Piñon Blanco e disfrutemos do seu maxisterio.
Moitas grazas, Adolfo

miércoles, 30 de octubre de 2013

Novas solucións para a dislexia

CONFERENCIA DE INTERESE PARA ORIENTADORES, MESTRES, PAIS


Data: mércores 13 de novembro ás 18,45 horas.
Lugar: Auditorio Municipal de Vigo. Praza do Rei, Concello de Vigo
Conferenciante: Luz Rello. "Premio Invesigador Europeo Joven 2013". Creadora de aplicacións gratuitas para mellorar a dislexia que están a ser presentadas en medio mundo e con demostrados beneficios.
Tema: “Novas solucións para a dislexia”.
Organiza: A.D.A.H. Asociación para el Déficit de Atención, Hiperactividad y la Dislexia
Entrada: Libre


domingo, 6 de octubre de 2013

Charla de Adolfo Piñon

O Xoves tivemos a charla-coloquio de Adolfo Piñon que resultou moi interesante. O resumo da charla podedes velo picando da foto



jueves, 26 de septiembre de 2013

Charla-coloquio. Adolfo Piñon Blanco

Charla-coloquio de interese para o profesorado

Data: xoves 3 de outubro de 18.30 a 20.00 horas.
Lugar: C.E.I.P. Otero Pedrayo (Vigo).
Persoa invitada: Adolfo Piñón Blanco. Neuropsicólogo. Desenvolve o seu labor na Policlínica Ebam e no centro CEDRO de Vigo. Creador de material de exploración psicolóxica e de intervención educativa. Visita a sú páxina web: www.adolfopb.com.
Tema: “Neuropsicoploxía aplicada na escola”.
O invitado pretende amosarnos dun xeito moi dinámico e práctico as solucións ós Trastornos Específicos de Aprendizaxe: Lecto-Escritura, Cálculo, Dislexia, Memoria operativa, Trastorno de Atención e Hiperactivi-dade e as Funcións Executivas. Adiantaranos algo do Manual sobre Dificultades de Aprendizaxe que están elaborando no Policlínico Ebam.


viernes, 26 de abril de 2013

Exploración e intervención baseada na teoría PASS co uso da batería DN-CAST

Data: O xoves 2 de maio de 18.00 a 19.30 horas.

Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo

Invitada: Silvia Caride López.
“É profesora de Educación Infantil e Orientadora. Viguesa do ano 1977, é Psicopedagoga, ademais de experta en Alteracións de Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica e ten realizado estudos de Diagnóstico e Intervención Neuropsicopedagóxica.”
Autora do libro:”Por que non aprendo?”. As dificultades de aprendizaxe. Como podo axudar o meu fillo/a. Editorial Galaxia. Vigo, 2010

Tema: “Exploración e intervención baseada na teoría PASS co uso da batería DN-CAST.”
Como comenta no seu libro:”Esta proba non é moi coñecida no noso país, pero cada vez son máis os profesionais que se suman a esta maneira de concebir a intelixencia como un continuo dinámico que pode ser adestrado e modificado.”

(Agradecemos a Celia Ledo a xestión realizada)
Un saúdo cordial da directiva da
ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR “FARO DAS CÍES