Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de noviembre de 2014

Aulas Multisensoris

O Xoves 6 no Colexio 6 do Nadal, Luis explicounos os conceptos das aulas multisensoriais.
Estas aulas están baseadas no enfoque Snoezelen, na teoría da integración sensorial e a estimulación basal

O sistema sensorial está formado por os cinco sentidos que todos coñecemos e o sentido VESTIBULAR e o PROPIOCETIVO:

  • O sentido vestibular infórmanos como está o noso corpo con respecto ao Universo
  • O sentido propiocetivo infóemanos como están partes do noso corpo con respecto a si mesmo. Os tendóns son os informadores
Luis falounos dos patróns de imitacións e o aspecto emocional para desenvolver as tarefas: o Terapeuta Ocupacional.
O máis importante que temos que saber ao entrar a este tipo de salas e saber a que entramos, ter moi claro o obxectivo; logo analizar os compoñentes da actividade a realizar. Hai que establecer rutinas de inicio e remate moi claras; ter moi claras a comunicación segundo a adaptabilidade do neno/a; dar opocións de elexir e de tomas de decisións; cada sesión dura sobre 35 minutos.
Por último ter coidado de non sobreestimular poñendo moitos elementos en funcionamento: fibras ópticas, columnas de burbuxas, columnas de aire,...


domingo, 13 de mayo de 2012

Fotos da charla e da cea

O venres 11 de maio reunímonos como sempre para traballar e tanto Fernando coma matilde explicáronnos como realizan o diagnóstico e a intervención no 1º Ciclo de Primaria. Dende dúas perspectivas diferentes mostráronnos como traballan e por suposto os demais aprendemos moito

E como non podia ser doutra forma e como non todo é traballar fómonos ao "furancho" a compartir mesa e música

 Dende aquí quero darlle as grazas a Paulino xa que sen o seu esforzo e o seu sorriso nada de todo isto sería posible. Déixolle este video a xeito de homenaxe

sábado, 18 de junio de 2011

Cea de final de curso

Como chegamos ao final de curso co combustible na reserva decidimos repoñelo cunha cea e así poder rematar este curso onde pouquiño a pouquiño puxemos as bases para que a nosa Asociación consiga todos os obxectivos que propuxemos 

domingo, 12 de diciembre de 2010

Grupo Faro Das Cíes

Despois de varios meses pelexándome co MOODLE e non facerme con el decidín pasarme ao antigo GRUPO de GOOGLE.

Xa case todos estamos anotados no grupo e se algún ou algunha falta só tedes que solicitalo a través do correo electrónico orientavigo@gmail.com

Dicirvos que no GRUPO xa está colgado o resumo da charla que dió María Ricart sobre intervención en infantil.

Tamén Agus aportou un documento sobre a intervención na aula con alumnos con ASPERGER que tamén podedes ver no GRUPO

Comentar que saiu o concurso específico para os equipos específicos de orientación:
http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/ba65b8eaaeccb488c12577ed0056be23/$FILE/23300D010P017.PDF
O concurso é para o profesorado de secundaria agás nas prazas de Audición e linguaxe que as poden pedir os de primaria coa especialidade.

A vindeira xuntanza será no CEFORE (en función dos participantes) onde está invitado o Doctor Sastre para falarnos da Hiperactividade. Cada asociado poderá traer a 2 ou 3 profes do seu cole que estén interesados no tema. Tedes que CONFIRMAR ANTES DO 18 DE XANEIRO CANTOS IDES ASISTIR PARA BUSCAR O LOCAL AXEITADO.

Agradecer a María, Marian e demais compañeiros/as as aportacións realizadas na última xuntanza que tivemos

Deíxovos este video que sempre me emocionou moito


miércoles, 8 de diciembre de 2010

O cazo de Lorenzo

Libro recomendado pola Confederación Española de Organizacións en Favor das persoas con Discapacidade Intelectual. FEAPAS

Pica na imaxe

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Formación

Este ano as diferentes actividades de formación para Orientadores na zona de Vigo son:
As actividades dos Servizos Centrais son:
Podedes ver todas as actividades de formación para Orientadores no enlace:
https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do

jueves, 3 de junio de 2010

Algo pequeniño

Quédavos este documento histórico da que ía ser a canción que ía representar a España en Eurovisión, pero presións políticas fixeron que nos representase a canción que tan malo papel fixo no Festival.
Os críticos están seguros que coa auténtica "algo pequeniño" teriamos gañado.


martes, 25 de mayo de 2010

I Xornada de Formación dos Xefes e das Xefas dos Departamentos de Orientación

A Consellería convocou a todos os orientadores e orientadoras de Galicia a unhas xornadas e Santiago.

A xornada foi moi dura, pola mañá dende as 9,30 horas ata as 14 e pola tarde dende as 16 horas ata as 20, pero a pesar da enchenta cremos que foron unhas xornadas moi positivas.

Despois da inauguración das xornadas polo Director Xeral de Educación, Pilar Carballo, pedagoga do CRE da Once de Pontevedra, falounos do "diagnóstico e a atención do alumnado con discapacidade visual" 
Unha vez retomado forzas cun cafeciño voltamos ao traballo e Manuel Ojea, doutor en psicopedagoxía, púxonos ao tanto sobre como identificar e tratar educativamente ao alumnado con síndrome de Asperger 

Cominos e descansamos no Monte do Gozo e rapidamente voltamos ao traballo onde aprendimos moitas cousas sobre a discapacidade auditiva.
Serafín Gala, especialista en discapacidades sensoriais do EOE da Coruña,  falounos da detección precoz e do diagnóstico do alumnado con discapacidade auditiva, mentras que Fátima María García, directora do CEE manuel López(antigo CEE de Xordos), púxonos ao día sobre os recursos e as tecnoloxías para traballar con estes nenos e nenas.

Por último, Manuel Rey, asesor de orientación da Consellería de Educación, informounos de que a partir do día 10 de xuño teremos que cubrir unha aplicación informática para a recollida de datos relacionados co noso traballo, asunto que suscitou unha grande polémica entre os asistentes xa que moitos expresaron que é unha nova carga burocrática e que non se recolle moitos dos aspectos que traballamos no noso traballo diario.

Clausurou a xornada o Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa José Graña