Mostrando entradas con la etiqueta Ensinanza-aprendizaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ensinanza-aprendizaxe. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de febrero de 2019

Proxecto PITEAS : Modelo de enriquecemento para a escola



Dentro das charlas que se organizan dende a asociación Faro das Cíes, está tarde no CEIP Mestres Goldar (Vigo), tivemos a sorte de contar con Betina Represas Vázquez que traballa como orientadora no Centro de Educación Especial de Panxón para alumnado con trastorno grave de conduta, veu presentar o Proxecto PITEAS.

O Proxecto PITEAS é un programa de innovación educativa que está pensado e creado pola Unidade de altas capacidades da  USC (Universidade de Santiago de Compostela), con Carmen Pomar, por outro lado, a Fundación Barrié promove e financia o proxecto e por último, a Consellería colabora coa implantación nos colexios e proporciona a formación ao profesorado.

O Proxecto PITEAS é avaliado en setembro e en xuño pola USC para comprobar si melloran as competencias dos alumos, alumnas dos centros que participan no proxecto.

Betina explicou en que consiste PITEAS a través dunha serie de palabras crave:



CLUSTER: É unha forma de traballo, na que o alumno traballa baseándose exclusivamente no seu interese. Cada venres, nas dúas últimas sesións hai un cluster de costura, fotografía, mecánica, arquitectura,…
Cada cluster ten unha duración de 8 semanas e son impartidos por profes interesados nesa materia (aínda que cando se publicita o cluster, non se dí que profesor o vai dar). De todos os cluster vai a saír un produto final.
O alumno/a aventaxado/a poder facer de mestre e tamén se pode invitar a algún experto nesa materia (unha diseñadora, un chef,…) O profesor que leva o taller, aprende cos alumnos, o proceso de investigación vaise facendo con eles. Neles os nenos non están separados por idade, senón por intereses.
A  nivel legal, esas 8 sesións xustifícanse como actividades complementarias.

No resto das horas da semana se traballa por proxectos. O aprendizaxe cooperativo é unha das metodoloxías estrela deste proxecto.

Renzulli foi o creador do “Modelo dos 3 aneis”. Según Rezulli un superdotado destaca pola capacidade intelectual, creatividade, implicación na tarefa.

O modelo SEM foi ideado por Joseph S. Renzulli e a súa muller, Sally M. Reis. SEM son as siglas en inglés de modelo de enriquecemento escolar (Schoolwide Enrichment Model).

Ao principio traballábase con alumnos con altas capacidades, pero déronse conta de que ese modelo era enriquecedor para todos os alumnos, alumnas.
O modelo de enriquecemento consistía en investigar e profundar na aprendizaxe. 

Entre os recursos metodolóxicos utilizados están:
  • Aprendizaxe cooperativa metodología activa que ten como finalidade a aprendizaxe en grupo, a inclusión de todo o alumnado e a  súa autonomía persoal.
  • Aprendizaxe baseada no pensamento: o aula é un lugar privilexiado para fomentar e profundizar o pensamento; aprender a pensar, visual thinking, mapas de pensamento, ...Todas as correntes están de acordo en que os nenos non aprenden a pensar solos. O neno vai á escola para aprender a pensar.  As novas liñas de aprendizaxe baseado no pensamento falan de “Infusión”, refírese a que todas as rutinas e destrezas do pensamento teñen que estar dentro do currículum (.historia, lingua galega, matemáticas,…). Pódense utilizar desde infantil, e serven para todos os cursos. Un exemplo de rutina de pensamento sería “vexo-penso-pregúntome”       
  • Aprendizaxe por proxectos unha metodoloxía de aprendizaxe na que os estudantes adquiren un rol activo e favorécese a motivación académica. O método consiste na realización dun proxecto case sempre en grupo. 

SEM é un modelo de enriquecemento, non unha metodoloxía, é dicir, unha filosofía que abarca un xeito de pensar a educación é de traballar, dentro do modelo SEM pódense utilizar diferentes metodoloxías. Neste modelo o protagonismo é do alumno, alumna.
Ten momentos de traballo en equipos homoxéneos e heteroxéneos.

Desenvólvese con tres tipos de actividades que teñen diferentes obxectivos:
Actividades Tipo I: Son actividades nas que teñen como obxectivo é a motivación, xa que con ela se consegue unha aprendizaxe de alto nivel. Son actividades de preparación para a aprendizaxe, non requiren ensinar nada. A través deste tipo de actividades, preténdese conseguir a motivación intrínseca dos alumnos.

É importante facer un PTT (Portafolio Total do Talento), é un expediente en positivo. Este é un punto moi importante, moitas veces nos nosos informes esquecémonos de por as  fortalezas que teñen os nosos alumnos, alumnas, é competente na expresión oral, é bo no razoamento lóxico, ten unha boa capacidade de organización, gústanlle so temas de natureza, interesase polos temas de experiencias, ten desenvolvido o hábito de traballo, ten mois boas habilidades sociais, é empático,  ....
Soamente amosamos as súas dificultades e puntos febles. Resulta moito máis útil reflectir o que lle gusta, o que lle interesa e o que se lle da ben, para poder potencialo ao máximo e motivalo de cara á aprendizaxe. As veces os seus talentos non son cousas valoradas na escola.
Actividades Tipo II: Trabállase a comunicación oral e escrita, o razoamento matemático, o método científico, o pensamento crítico, a creatividade e a intelixencia emocional. O traballo desenvolvese sobre todo en grupos heteroxéneos.

Actividades Tipo III: É o produto final, debe poder compartirse con una audiencia real (por exemplo se o produto final é un restaurante a audiencia serían os comensais que viñeran e pagaran por algo que nós facemos).
A avaliación faíse a través de: exames, rexistro da observación diaria, portafolio, lista de control, rúbrica,…

Capital profesional: Michael Fullan pedagogo canadiense, experto en liderazgo educativo, di que todo docente ten que profesionalizarse. Este capital profesional abarca tres tipos de capital:
Humano: talento
Social: creando máis coñecementos entre as persoas.
Decisorio: un profesor é bo cando é capaz de tomar decisións por sí mesmo

A clave é un liderazgo pedagóxico que require un traballo en equipo do profesorado.


Ata aquí a exposición de Betina, que nos entusiamou coas súas palabras. 
Moitas grazas pola túa intervención tan amena, empática e motivante.



jueves, 26 de enero de 2017

Neurodidáctica na Práctica


Chema Lázaro dá asociación NIUCO (Mollándonos por un novo modelo de aprendizaxe) deleitounos cunha proveitosa charla de formación non curso de organizado polo CFR de Vigo non curso 16/17 titulado Metodoloxías activas e inclusivas convidado pola asesora Maite Díaz.
Chema compaxina a sua actividade docente nun colexio de primaria co seu traballo na Universidade. É alumno do Neuropsicólogo José Ramón Gamo, que xa tivemos a oportunidade de coñecer nun curso anterior en Santiago de Compostela.
Desta charla recollo, co seu permiso explícito, algunhas diapositivas nas que sinala as diferenzas entre as ESCOLA TRADICIONAL e a ESCOLA NEURODIDÁCTICA. 
Durante a charla foinos introducindo  cunha metodoloxía cooperativa e gamificada nas aportacións dá Neurociencia en varios aspectos dá aprendizaxe e o xeito de levalos a aula: como o circuíto neurobiolóxico dá motivación, os 7 pasos para conseguir a motivación (D.A.S.), outros 7 pasos para conseguir unha memoria significativa, o cerebro gamificado, os tres pasos para ter un equipo neurodidáctico e por último o proceso de aprendizaxe baseado na neurodidáctica.

O feito de que nos colexios aposten pola investigación e innovación coma o de Chema Lázaro é toda unha boa noticia e, se o fan dá man dás Universidades, moito mellor.
Porque do mesmo xeito que os vellos hospitais pasaron a ser novos Complexos Hospitalarios Universitarios, como o Álvaro Cunqueiro de Vigo, para favorecer a creación de equipos de investigación nos centros médicos; do mesmo xeito poderían crearse Complexos Escolares  Universitarios onde se favorecera a creación de equipos  de investigación e  innovación educativa nos colexios. Xa que a práctica dá medicina está baseada en moitas ciencias (bioloxía, xenética,  neuroloxía, etc) a práctica educativa tamén está baseada noutras ciencias como a psicoloxía , pedagoxía, neurociencia, filosofía, socioloxía, etc.). Como sinala Francisco Moura (2013): "Neuroeducación. Só se pode aprender aquilo que se ama" ( pax.181):
"Las sociedades occidentales tienen un necesidad clara de crear un nuevo foco que ilumine, potencie y ponga en estudio la formación del pensamiento crítico y creativo, es decir, una educación y una enseñanza reorientadas hacia ese pensamiento que lleva a alcanzar un conocimiento crítico  por lo verdaderamente desconocido, el logro de lo auténticamente nuevo. Y esto debería comenzar en las escuelas, que es donde todavía no se enseña. Y digo en las escuelas, porque es allí donde realmente se inicia todo. Y solo si nace allí, en los colegios, puede alcanzar con pie firme las universidades. Y en estas últimas reformarlas, principalmente en lo que se refiere a la docencia, pero también a la propia investigación.”

Os Departamentos de Orientación Educativa dá comarca de Vigo estamos na procura de espazos e ou tempos que faciliten ou uso dás ciencias educativas na vida escolar. E agradezo as achegas dous meus compañeiros/as dá asociación Faro dás Cíes que de xeito altruísta nos xuntámos polas tardes para facer "equipo" non desenvolvemento de máis "pensamento científico" e menos "pensamento máxico" nas nosas escolas; así como o fornecemento do profesorado innovador que día a día loita contra as múltiples forzas inmobilistas. 

Fuente: Chema Lázaro, “Neurodidáctica en la práctica”. NIUCO. Mojándonos por un nuevo modelo de aprendizaje. 

  Páx.           Título das diapositivas  enlace as diapositivas 
  1.     Neurodidáctica na práctica
  2.     As claves cerebrais da aprendizaxe. O cambio cultural para un cambio educativo
  3.     Diferenzas entre escola neurodidáctica e escola tradicional
  4.     1. Comunicación
  5.     2. Contidos
  6.     3. Arquitectura da aula
  7.     Arquitectura da aula neurodidácitca
  8.     4. Tarefas
  9.     5. Memorias
  10.     6. Avaliación
  11.     Como levalo á aula? 1. Preceptos básicos
  12.     Como levalo á aula? 2. Metodoloxías
  13.     Circuíto neurobiológico da motivación
  14.     7 pasos para conseguir a motivación na aprendizaxe (D.A.S.)
  15.     7 pasos para conseguir unha memoria significativa segundo Roberto Rosler
  16.      Funcións executivas
  17.      Cerebro gamificado. Que pasa no noso cerebro cando xogamos?
  18.      Como levalo á aula? 3 pasos para ter un equipo neurodidáctico
  19.      Proceso de aprendizaxe baseada na neurodidáctica

Paulino Igrexas Martínez
Presidente dá Asociación Educativa de Orientación Escolar "Faro das Cíes"