martes, 10 de mayo de 2011

Charla do Dr. Sastre

O pasado luns, a Asociación Educativa de Orientación Escolar “Faro das Cíes” organizou una charla coloquio sobre hiperactividade: “listos pero vagos, trastes pero bos” co psiquiatra Dr. Sastre no CEIP “Otero Pedrayo”.
Abordouse o funcionamento da atención dos nenos e nenas con esta problemática que é unha das causas principais de fracaso escolar, cal é o seu pronóstico e deunos pautas de actuación pola banda da familia e como temos que manexar este trastorno na aula



 


jueves, 5 de mayo de 2011

Charla do Dr. Oscar Blanco

 
O pasado xoves 28 o neuropediatra Oscar Blanco deleitounos cunha charla a 60 orientadores.
Falaounos dos trastornos de aprendizaxe  sobre todo da dislexia e  do trastorno non verbal (TANV).

Unha interesantísima charla onde todos e todas aprendimos moitísimo e pusimos cara a unha persona que tantas veces comunicouse con nós o a través dos pais ou do correo electrónico. 

Grazas ao doutor e grazas tamén a Paulino xa que sen el non poderíamos ter estes encontros con expertos de tan alto nivel.

martes, 22 de febrero de 2011

Dislexia: Palabras al viento

O 15 de xaneiro, Documentos TV,  emitiu "PALABRAS AL VIENTO"

Palabras ao vento" é un documental sobre a dislexia, un trastorno que afecta a máis do 4% da poboación española, causa de gran parte do fracaso escolar e dalgúns problemas no desenvolvemento laboral e persoal.

En España, a dislexia aínda é unha gran descoñecida e está insuficientemente tratada nas aulas. A súa atención dende o sistema de saúde público é case inexistente. Os pais dos nenos que padecen dislexia teñen que recorrer, cos seus propios medios, aos tratamentos privados para intentar que a vida escolar dos seus fillos non se volva un pesadelo.
A lectura e a escritura son a ferramenta básica no ensino. E os disléxicos, por unha alteración neurolóxica, son incapaces de asociar correctamente o son co grafismo das letras e aprender ao ritmo dos seus compañeiros.
Científicos, deportistas, artistas e xenios creativos que marcaron a nosa historia foron disléxicos que, evidentemente, superaron a súa incapacidade se é que non foron brillantes grazas a ela. Albert Einstein, Thomas Edison, Picasso, Magic Johnson ou John Lennon tiveron que vivir coa dislexia.

A dislexia non se cura. Como explican distintos especialistas en Palabras ao vento, se corrixe ou se reconduce mediante outro sistema pedagóxico que utilice os puntos fortes do disléxico, traballando con todos os sentidos, explicándolle as cousas en lugar de facerllas ler e ensinándolle técnicas axeitadas ás súas capacidades para afrontar o texto escrito.
A Lei Orgánica de Educación recoñece que a dislexia require unha atención educativa específica e abre as portas ao seu tratamento nas aulas. Pero a falta de información e de profesores especializados dificulta a detección do problema.


Pódese ver o documental picando na foto





Altas Capacidades

Pequeno resumo das Altas Capacidades de Carmen Pomar


sábado, 15 de enero de 2011

1ª CHARLA DUN EXPERTO

TEMA: TRASTORNO DE ATENCIÓN-HIPERACTIVIDADE E PROBLEMAS DE CONDUCTA.

RELATOR: DR. SASTRE
PRESENTA: VIKY (Orientadora do C.E.I.P. Emilia pardo Bazán (Chouzo)
DATA: LUNS, 31 DE XANEIRO DE 17 A 19 horas.
LUGAR: CEFORE de Vigo
ASISTENTES: Cada orientador/a pode traer a 2 ou 3 profesores/as ou amigos/as que estén interesados no tema. Non é preciso que confirmes a túa asistencia
APARCAMENTO: De 16.30 a 17.00 horas tamén podemos aparcar no 2º aparcamento do Chouzo.
¡ANÍMÁDEVOS A VIR!


DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN EDUCATIVA DE ORIENTADORES/AS ESCOLARES “FARO DAS CÍES”.