jueves, 26 de septiembre de 2013

Charla-coloquio. Adolfo Piñon Blanco

Charla-coloquio de interese para o profesorado

Data: xoves 3 de outubro de 18.30 a 20.00 horas.
Lugar: C.E.I.P. Otero Pedrayo (Vigo).
Persoa invitada: Adolfo Piñón Blanco. Neuropsicólogo. Desenvolve o seu labor na Policlínica Ebam e no centro CEDRO de Vigo. Creador de material de exploración psicolóxica e de intervención educativa. Visita a sú páxina web: www.adolfopb.com.
Tema: “Neuropsicoploxía aplicada na escola”.
O invitado pretende amosarnos dun xeito moi dinámico e práctico as solucións ós Trastornos Específicos de Aprendizaxe: Lecto-Escritura, Cálculo, Dislexia, Memoria operativa, Trastorno de Atención e Hiperactivi-dade e as Funcións Executivas. Adiantaranos algo do Manual sobre Dificultades de Aprendizaxe que están elaborando no Policlínico Ebam.


viernes, 26 de abril de 2013

Exploración e intervención baseada na teoría PASS co uso da batería DN-CAST

Data: O xoves 2 de maio de 18.00 a 19.30 horas.

Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo

Invitada: Silvia Caride López.
“É profesora de Educación Infantil e Orientadora. Viguesa do ano 1977, é Psicopedagoga, ademais de experta en Alteracións de Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica e ten realizado estudos de Diagnóstico e Intervención Neuropsicopedagóxica.”
Autora do libro:”Por que non aprendo?”. As dificultades de aprendizaxe. Como podo axudar o meu fillo/a. Editorial Galaxia. Vigo, 2010

Tema: “Exploración e intervención baseada na teoría PASS co uso da batería DN-CAST.”
Como comenta no seu libro:”Esta proba non é moi coñecida no noso país, pero cada vez son máis os profesionais que se suman a esta maneira de concebir a intelixencia como un continuo dinámico que pode ser adestrado e modificado.”

(Agradecemos a Celia Ledo a xestión realizada)
Un saúdo cordial da directiva da
ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR “FARO DAS CÍES

lunes, 4 de marzo de 2013

Charla da psiquiatra Belén Martínez

Data: O xoves 7 de marzo de 17.30 a 19.00 horas.

Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo

Invitada: Belén Martínez. Psiquiatra no Hospital Psiquiátrico Infanto-Juvenil Nicolás Peña (Vigo).

Formato
 Pequena exposición.
Nós temos que contarlle casos de nenos/as "raros" nos que temos moitas dúbidas sobre o seu diagnóstico.

(Agradecemos a Fernando Machado a xestión realizada)

lunes, 4 de febrero de 2013

Educación Emocional

Data: O xoves 7 de febreiro de 17.00 a 18.30 horas.
Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo

Tema: " Programas de Educación Emocional."
Formato da charla -coloquio:
De 17.00 a 17.30 horas:
Fernando Eguino Miguélez. Diplomado en Magisterio y Licenciado en Psicología. Postgrado en Terapia Familar. Con más de 10 años de experiencia en Educación y Psicología Clínica. PROGRAMA: ¿Que es la Educación Emocional y Social?
Beneficios de la implementación de un programa de Educación Emocional y Social en un Centro Educativo.Ejemplos de Programas.

De 17.30 a 18.00 horas:
Rosa Calvo Srantes. Profesora de Pedagoxía Terapéutica no C.E.I.P. De Candeán. Expón o programa: "Apoio na acción titorial"

De 18.00 a 18.30 horas. Coloquio e quenda de preguntas ós dous relatores

Agradecemos a Celia Ledo e a Puri a xestión realizada na invitación dos relatores.

lunes, 21 de enero de 2013

Altas Capacidades

O día 10 deunos unha charla Eladio Ferro  responsable do alumnado de Altas Capacidades no Equipo de Orientación Específico de Pontevedra.



Como sempre con Eladio aprendemos moitas cousas sobre altas capacidades por iso estámoslle moi agradecidos. 

O resumo da charla é: 
  • Discutimos as diferentes definicións das altas capacidades
  • As clasificamos
    • Superdotación
    • Talento
      • Simple
        • Creativo
        • Lóxico
        • Matemático
        • Verbal
        • Social
        • Deportivo
      • Complexos
        • Académico
        • Artístico-figurativo
    • Precocidade
  • Cómo os detectamos
    • Sistematización
      • Protocolo
    • Detección
      • Podería ser no último ano de E.I
      • Mediante screening
      • Mediante diferentes cuestionarios tanto para profesores como para pais
    • Identificación
      • Probas de intelixencia (convén pasar dúas)
      • Creatividade
  • Que medimos na creatividade
    • Fluidez. (Moitas ideas sobre un tema)
    • Flexibilidade (Ver as cousas dende diferentes puntos de vista)
    • Orixinalidade (Rareza nas respostas)
    • Elaboración (Moitos matices nas respostas)
    • Inside (a chispa)

jueves, 20 de diciembre de 2012

Charla: A planificación das Altas Capacidades a nivel de centro

Data: O xoves 10 de xaneiro de 17.00 a 18.30 horas.

Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo (No vial que sube  á Universidade dende Pereiro a 3ª rotonda á dereita onde está a gasolineira, antes do novo hospital).

Invitado: Eladio Ferro. Responsable do alumnado de Altas Capacidades no Equipo de Orientación Específico de Pontevedra.

Tema: "A planificación das Altas Capacidades a nivel de centro."
A directiva deséxavos un Bo Nadal e Feliz 2013

ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR "FARO DAS CÍES"
http://www.orientavigo.blogspot.com/

martes, 13 de noviembre de 2012

Resumo da charla de Manuel Rey


Resumo da charla de Manuel Rey Fernández. Responsable da Asesoría de Atención á Diversidade e Orientación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


O PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (PXAD)
Faro das Cíes: 08-11-2012

O Plan Xeral de Atención á Diversidade (PXAD): 

1. Finalidade:
§ Que cada centro concrete as actuacións e medidas de atención á diversidade para adecuar a resposta educativa ás necesidades da totalidade do seu alumnado.
§ Facer reais a prevención e a atención temperá.
§  Aportar:
o  Sistematización (importan os proxectos no tempo).
o   Autonomía do centro (cada centro decide).
o   Visibilidade (coñecido por toda a comunidade educativa).

2.   Contido:
§Os mínimos figuran no artigo 12 do decreto 229/2011:
o  Xustificación baseada no contexto.
o   Identificación e valoración das necesidades.
o  Determinación dos obxectivos
o   Descrición das actuacións, medidas e/ou programas para a atención á diversidade.
o   Determinación dos criterios para a organización e distribución dos recursos e a aplicación das medidas propostas.
o   Concreción das actuacións dos distintos profesionais en relación ás medidas deseñadas para o centro.
o   Mecanismos de coordinación e colaboración internos así como con outras etapas educativas e cos centros adscritos ou de adscrición.
o   Canles de colaboración coas nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado e cos diferentes servizos externos ao centro.
o   Protocolos para a solicitude e/ou autorización das medidas extraordinarias.
o   Procesos de seguimento, avaliación e mellora do plan.
§  O que importa é un PXAD do centro e para o centro.
3.    Elaboración:
§Directrices da CCP.
§  Achegas dos distintos departamentos e equipos do centro.
§  Elaboración da proposta de PXAD polo departamento de orientación.
§  Presentación ao claustro, para a súa aprobación e traslado ao CE.
§  Aprobación polo CE e integración no PE.
Anualmente: o DO elabora a concreción do PXAD e incorpórase á PXA.