domingo, 22 de abril de 2012

Intercambio de experiencias

O sabado 21 houbo unha quedada en Santiago dos compoñentes do foro de Orientadores para facer un intercambio de experiencias
Dende a Asociación dar as grazas a Robert e demáis organizadores xa que todo resultou moi ben e aprendimos moito dos demáis Orientadores de Galicia
Deixamos unhas poucas fotos do encontro.

 


lunes, 16 de abril de 2012

O xoves 12 tivemos dúas charlas onde tanto Xavier (optometrista) como Gonzálo (auditivo) déronnos moitas pistas para detectar problemas visuais e problemas auditivos así como as diferentes solucións.

O material para a "DETECCIÓN DE PROBLEMAS VISUAIS NA ESCOLA" que Xavier deixou, será posto no apartado de "documentos"

viernes, 30 de marzo de 2012

Terapia Visual. Terapia Auditiva


Temas:
                      -Terapia Visual
                      -Terapia Auditiva.
Data: O xoves 12 de abril de 17.00 a 20.00 horas. 
Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo (No vial que sube  á Universidade dende Pereiro a 3ª rotonda á dereita onde está a gasolineira, en frente está o colexio. Preto do novo hospital.)
Recibide un cordial saúdo da directiva da
ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR “FARO DAS CÍES”

domingo, 26 de febrero de 2012

Xuntanza

Invítovos a participar na seguinte xuntanza:

Temas a tratar: “Rede de centros de desenvolvemento infantil e atención familiar, un modelo integrador de atención psicopedagóxica”. (Coordinacion das becas de n.e.a.e.)
Relatores: Psicólogos/as de los gabinetes psicopedagóxicos inscritos na rede de centros galegos de atención temperá.
Data: O xoves 1 de marzo de 17.00 a 18.00 horas.

Rematada a charla faremos unha Asemblea Xeral co tema:
“Análise e comentario la Lei de Atención a Diversidade”

Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedraio (No vial que sube á Universidade dende Pereiro a 3ª rotonda á dereita onde está a gasolineira, en frente está o colexio. Preto do novo hospital.)

Recibide un cordial saúdo da directiva da

ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESCOLAR “FARO DAS CÍES”





lunes, 6 de febrero de 2012

Mercedes Espinosa

O Xoves, a Pediatra Mercedes Espinosa falounos do maltrato infantil e a súa detección. Grazas Mercedes por esta interesantísima charla

jueves, 19 de enero de 2012

Maltrato infantil e indicadores de risco

Relatora : Dr. Mercedes Espinosa (Pediatra no Centro de Saúde de Sárdoma-Moledo). Realizou unha investigación e publicou un libro sobre maltrato a muller.


Temas a tratar: “Información e coordinación cos Departamentos de Orientación Escolar. Follas de derivación. Detección a través das entrevistas do maltrato infantil e indicadores de risco.”

Data: O xoves 2 de febreiro 17.00 a 19.00 horas.

Lugar: C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo (No vial que sube á Universidade dende Pereiro a 3ª rotonda á dereita onde está a gasolineira, en frente está o colexio. Preto do novo hospital).

http://www.agamfec.com/pdf/CADERNOS/VOL15/01_Editorial_N15_1.pdf
http://www.apfcib.org/pdf/libro_estas_pola_solucion.pdf

Recibide un cordial saúdo da directiva da
ASOCIACIÓN DE ORIENTACIÓN ESOLAR “FARO DAS CÍES”
http://www.orientavigo.blogspot.com/.
orientavigo@gmail.com

sábado, 7 de enero de 2012

Pais dun neno autista imputados

Os pais dun neno de Palencia con autismo denunciaron a Xunta de Castela e León por «vulnerar» os dereitos do seu fillo, ao obrigalos a escolarizalo nun centro de educación especial, e reclamaron á Administración o seu dereito a decidir sobre a educación do seu fillo e a elixir unha educación «inclusiva» que non o discrimine.

Os pais do neno, de oito anos, foron imputados xudicialmente por un suposto delito de abandono de familia ao negarse a levar o seu fillo a un centro de educación especial, tal como ordena a Inspección Educativa. O auto ten sido recorrido no Xulgado.


http://pordereito.blogspot.com/
Mais sobre esta noticia no:
MUNDO
EL NORTE DE CASTILLA
ABC